10 de decembro de 2025
Haberá visitas guiadas para todos os públicos e unha actividade infantil
Este mércores abre o prazo para inscribirse nas actividades de Nadal que organiza o Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón e o Castro de Elviña. A programación inclúe un obradoiro para nenos e nenas de 6 a 12 anos e distintas visitas guiadas a ambos espazos monumentais da cidade.
"Desde o Concello buscamos que a cidadanía coñeza en profundidade o legado e a historia da Coruña, con actividades para todos os públicos en dous espazos emblemáticos: o Castelo de San Antón e o Castro de Elviña", indicou Castro, quen recordou que a difusión do patrimonio e a cultura forman parte dos obxectivos marcados por Inés Rey desde o pasado mandato. Todas as actividades son gratuítas e con inscrición previa a partir deste mércores, 10 de decembro, ás 10.00 horas.
Haberá visitas guiadas tanto ao Castelo de San Antón, onde se atopa o Museo Arqueolóxico e Histórico, como ao Castro de Elviña. As de San Antón serán os sábados 20 e 27 de decembro ás 12.00 horas. Terán unha duración de hora e media e haberá 25 prazas por actividade. Por outra banda, as visitas ao Castro de Elviña celebraranse os domingos 21 e 28 de decembro e 4 de xaneiro, coa mesma duración e prazas que en San Antón. Para reservar é necesario poñerse en contacto co número de teléfono 981 189 850, de martes a sábado de 10.00 a 19.00 horas.
Ademais, para o público infantil, celebrarase un obradoiro de elaboración de estampas, que levara por nome 'Ex-libris: pegadas máxicas nos libros'. A través dunha actividade lúdica e creativa, os nenos e nenas participantes mergullaranse no marabilloso mundo dos ex-libris, e descubrirán todo sobre estes pequenos selos e a súa importante función. Ademais terán tempo de imaxinar e crear a nosa propia estampa combinando letras, símbolos e debuxos que levarán a casa. Será o sábado 20 de decembro en San Antón ás 11.45 horas. Está destinado a nenos e nenas de 6 a 12 anos e haberá 20 prazas, que se poden reservar na seguinte ligazón.

9 de decembro de 2025

3 de decembro de 2025

29 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible