3 de novembro de 2016
Socialweekend é un evento dunha fin de semana onde de maneira colaborativa apoiaremos proxectos que resolvan retos sociais e axudaremos a facelos economicamente sustentables
Así será o SW A Coruña:
· Empezaremos presentando todas as ideas (anímate a presentar a túa, non hai límite de pouco ou moi desenvolvida), votaranse e formaranse os equipos de traballo.
· De sábado a domingo ao mediodía as persoas participantes desenvolverán as ideas coa axuda de mentores e con varias charlas de formación.
· O domingo a partir das 16.30 h o xurado deberá valorar as ideas finalistas que se traballaron durante toda a fin de semana.
Socialweekend está aberto tanto a emprendedores sociais que queren lanzar un proxecto, como a profesionais do ámbito social en busca de inspiración e aprendizaxe ou entidades que loitan contra os problemas sociais
A. Ven cunha idea (pouco, moito ou nada desenvolvida) e reúne un fantástico equipo para traballar sobre ela.
B. Ven sen idea para aprender moito ao unirte a outro equipo de traballo.
C. Ven si ou si para rodearte da xente máis motivada e con gana de cambiar as cousas.
Haberá moitos premios en especie como coworking, formación, servidores web etc.

29 de novembro de 2025

25 de novembro de 2025

23 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible