9 de novembro de 2016
Propulsa o teu negocio, inscríbete:
AJE Provincia da Coruña e o Concello da Coruña presentaron o proxecto 'Comercio 360º' cos programas Lánzate a emprender e Propulsa o teu negocio
Propulsa o teu negocio! O programa que fortalece a túa empresa.
Sabemos que no día a día da túa empresa atópaste cunha serie de obstáculos que frean os teus obxectivos e non sempre dispós das ferramentas necesarias para poder facerlles fronte.
Por iso, poñemos en marcha Propulsa o teu negocio, un programa que che axudará a darlle un impulso a túa empresa e a mellorar a competividade en determinadas áreas baixo un modelo distinto.
Como o faremos?
1. Comezamos a traballar! Primeiro faremos unha breve diagnose do estado da túa empresa e indicarémosche a principal área que hai que mellorar, fixando un obxectivo claro.
2. Poñemos en marcha o plan. Asignámosche un mentor, un consultor experto profesional que che axudará a conseguir o obxectivo marcado previamente. A atención será personalizada e concrétase en 6 horas presenciais.
3. Revisamos o traballado. Completamos a túa formación naquelas áreas que máis o precisen se fose necesario.
Quen te vai propulsar e en que?
Tres expertos, consultores cunha ampla e contrastada experiencia profesional axudaranche a dar unha resposta directa, práctica e eficaz a problemas de xestión da túa empresa en tres áreas:
· Márketing e vendas
· Estratexia e modelos de negocio
· Financiamento e control da xestión

21 de decembro de 2025

20 de decembro de 2025

20 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible