Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de abril de 2026

Aberto prazo para formación con compromiso de contratación para a capacitación profesional, para a montaxe de equipos eléctricos

A empresa Elinsa coa colaboración da Deputación da Coruña e o Centro de Formación Profesional Rosalía Merra, vai levar a cabo un curso de automatismos industriais.

O curso leva certificado oficial da Xunta de Galicia, prácticas na empresa con alta na Seguridade Social e unha bolsa para a mobilidade de 300 €.

A prescrición tense que realizar no IES Rosalía Mera ata o 14 de abril e a partir do 20 do mesmo mes comezará o curso, que ten unha duración de 213 horas de formación, finalizando o período lectivo o 9 de xuño de 2026.

O horario do curso é de 7:00 a 15:00 horas e ao finalizar a parte teórica realizaranse prácticas na empresa Elinsa de luns a venres.

Os contidos do curso serán:

  • Automatismos cableados e programados
  • Mecanizado
  • Debuxo técnico
  • Proteccións eléctricas
  • Prevención de riscos laborais

Os Requisitos de acceso son:

  • Formulario de prescrición cumprimentado
  • Curriculo vitae
  • Certificación académica de ESO, título profesional básico, bacharelato, estudos universitarios, técnico superior, técnico especialista, COU ou técnico) ou outros estudos equivalentes ou estudos homologados.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión