30 de abril de 2026
O Concello tamén completou a reforma integral da Avenida dos Mallos, invistiendo máis de 1,5 millóns entre os dos proxectos
O Concello acaba de rematar dous dos proxectos de humanización e rehabilitación de maior envergadura no que vai de ano, na rúa Rafael Alberti e na avenida dos Mallos, unhas actuacións intensivas que afectaron á totalidade de ambas áreas e que supuxeron un investimento de máis de 1,5 millóns de euros en total no marco do Plan de barrios 2025-2027.
"O Goberno de Inés Rey ten un compromiso con todos os barrios da cidade. Ese compromiso é o de mellorar a vida da xente coa planificación urbana humanizando, gañando en accesibilidade e renovando todos os elementos que precisen unha modernización. Construíndo, en definitiva, unha cidade mellor", subliñou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz.
Na obra de Rafael Alberti, cun desembolso de 530.000 euros, levouse a cabo unha renovación integral que se executou por fases e trouxo á contorna a repavimentación e substitución de calzadas; a mellora da sinalización e a accesibilidade das beirarrúas; e o reordenamento de varios puntos seguindo criterios tanto estéticos como de funcionalidade.
Nesta actuación só queda pendente o remate da xardinería, que se completará nos vindeiros días e buscará a coherencia e harmonía coa nova imaxe da zona ao engadirlle os elementos vexetais fundamentais á intervención. Os exemplares ocuparán as escavas que xa foron colocadas contiguas ás beirarrúas.
Tamén foron renovadas as redes de iluminación pública que percorren a rúa, coa modernización do sistema mediante luminarias LED de alta eficiencia enerxética, así como a substitución das redes de abastecemento e saneamento.
Avenida dos Mallos
O outro gran proxecto que viu a luz esta semana foi o da avenida dos Mallos, unha actuación en que o Concello investiu máis dun millón de euros, que se suman aos máis de 3,2 millóns de investimento público en proxectos no barrio -coa renovación da avenida da Sardiñeira, a construción en marcha da nova viario que a unirá coa avenida de Arteixo e o proxecto recentemente anunciado para a avenida do Ferrocarril-.
A intervención incluíu traballos de pavimentación en beirarrúas e calzada, canalizacións municipais e melloras na infraestruturas para a recollida de augas pluviais e as redes de saneamento, a nova iluminación e semáforos, a disposición de sumidoiros, conexións de baixantes de pluviais dos edificios, intervencións puntuais na rede de abastecemento e posta a cota dos rexistros.
A apertura ao tráfico da zona chega tras a colocación de mobiliario urbano, sinalización e plantación de arboredo, co que a obra quedou completamente rematada. Esta remodelación deulle resposta a unha reivindicación histórica que esixía a revitalización dunha das principais arterias da cidade.
"Este goberno escoita e despois busca a maneira máis eficiente e óptima para levar aos barios as melloras que por xustiza se lles deben. Sentímonos moi orgullosos de podermos darlles resposta con este proxecto ás necesidades da xente do sector", apuntou Noemí Díaz.
A previsión é que as dúas rúas abran ao tráfico ao longo da xornada de hoxe.

29 de abril de 2026

26 de abril de 2026

25 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible