Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de abril de 2023

Ábrese a convocatoria dos Premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2023

O prazo de presentación de traballos remata o 1 de xuño nas oito modalidades

O Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos, convoca os Premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación. O certame, que alcanza neste ano 2023 a súa trixésimo sexta convocatoria consecutiva, premiará cun Prisma de Bronce os mellores traballos en oito categorías: Vídeo, Novos medios, Texto inédito e audoeditado, Libro editado, Artigo xornalístico, Radio, Proxectos singulares e Prisma Especial do xurado. Ademais, todas as modalidades, excepto a de Libro editado e a de Prisma especial do xurado, están dotadas cun premio de 4.000 euros.

O xerme destes premios comezou hai agora 40 anos, cando o Concello da Coruña puxo en marcha o proxecto da Casa das Ciencias, un centro de ciencia interactivo que tiña como obxectivo principal contribuír á cultura e educación científica dos cidadáns e das cidadás. Tratábase da primeira vez que un concello dedicaba parte do seu orzamento de cultura a unha iniciativa relacionada coa divulgación da ciencia. Dous anos máis tarde inaugurouse a Casa das Ciencias, e no ano 1988 convocáronse por primeira vez os premios Prismas. O certame comezou premiando os mellores traballos en vídeo de divulgación científica, pero foi evolucionando ata as oito categorías actuais conforme cambiaban os medios e os recursos para a comunicación da ciencia.

Para participar nesta XXXVI Convocatoria dos Prismas á Divulgación deben presentarse os traballos e candidaturas antes do 1 de xuño, cumprindo as condicións requiridas en cada unha das modalidades recollidas nas bases, e que se poden consultar nesta ligazón: www.coruna.gal/mc2/gl/prismas.

Os Prismas entregaranse no transcurso dun acto que terá lugar na Coruña o sábado 18 de novembro de 2023.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión