Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de xuño de 2020

Abriuse o prazo para a concesión de subvencións das entidades veciñais

Convócanse as dúas liñas de axudas, a primeira para subvencionar programas, proxectos e actividades desenvolvidas polas asociacións veciñais, financiando tamén programas e metodoloxías de participación cidadá que faciliten a apertura de procesos participativos; a segunda, dirixida a apoiar economicamente o funcionamento das entidades veciñais que non dispoñen dun local municipal cedido

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación informa de que hoxe se publicaron no BOP as convocatorias de concesión das subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a apoiar economicamente as entidades veciñais durante o ano 2020.

Esta convocatoria reflicte o esforzo realizado polo Goberno municipal para tentar paliar as dificultades ocasionadas pola crise sanitaria da COVID-19. Neste senso:

• Auméntanse as contías dedicadas a estas subvencións ata os 60.000 euros para as dúas convocatorias, dende os 40.000 euros dedicados en 2019. No caso da liña para gastos, a contía pasa de 10.000 a 25.000 euros. No caso da liña para actividades, a contía pasa de 30.000 a 35.000 euros.

• Elimínanse os límites máximos das contías que unha entidade pode obter, de xeito que hai entidades que poderían recibir ata o 100% da axuda solicitada.

• Increméntase do 90% ao 98% o pagamento anticipado da subvención concedida, para contribuír á cobertura inmediata dos gastos.

Convócanse as dúas liñas de axudas, a primeira para subvencionar programas, proxectos e actividades desenvolvidas polas asociacións veciñais, financiando tamén programas e metodoloxías de participación cidadá que faciliten a apertura de procesos participativos; a segunda, dirixida a apoiar economicamente o funcionamento das entidades veciñais que non dispoñen dun local municipal cedido, poderá destinarse a gastos xerais de funcionamento, alugueiro de locais, subministracións de enerxía, teléfono etc.

Ambas as subvencións son compatibles, sempre que se cumpran os requisitos, e cobren os gastos executados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro  de 2020. O último día para presentar as solicitudes é o 8 de xullo de 2020.

Este ano a presentación será exclusivamente a través da sede electrónica. Para facilitar a presentación, desde os servizos de Participación Cidadá e Innovación enviouse unha guía pormenorizada cos pasos que cómpre seguir para presentar as solicitudes, ademais de contar como en edicións anteriores co soporte técnico do persoal dos servizos e o da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión