Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de agosto de 1973

Accidente aéreo Montrove

O accidente aéreo de 1973 en Montrove (Oleiros) escribe unha das páxinas máis negras da historia da cidade. Un avión de pasaxeiros estrelouse con 85 persoas a bordo.

O accidente produciuse cando un avión de pasaxeiros se estrelou intentando a aproximación ao aeroporto de Alvedro.

O seguinte texto foi extraído de ATC Magacine:

"Aviaco 118, da torre da Coruña, recíbeme?". Eran as 11.42 do 13 de agosto de 1973 e a pregunta do controlador de servizo ese día no aeroporto de Alvedro quedou sen resposta; o voo 118 da compañía Aviaco procedente de Madrid acabábase de estrelar na pequena localidade de Montrove, na aproximación final á pista 22, a escasos 2 Km do seu comezo.

Todos os seus ocupantes morreron: 79 viaxeiros e 6 tripulantes que saíran de Madrid ás 09.14 e que, ao chegar á Coruña, atoparon unha espesa néboa que reducía a visibilidade ata os 350 metros. O comandante da aeronave, Rafael López Pascual, de 34 anos de idade e con 8.600 horas de voo, intentou a aproximación por tres veces baixando ata os mínimos para, en todas as ocasións, verse obrigado a frustrar e regresar de novo ao VOR en espera de que aumentase a visibilidade.

A néboa pareceu disiparse un momento, e a torre informou dunha visibilidade vertical de 300 m e horizontal de 1.500 m. Ás 11.38 h, o Caravelle iniciou o fatal cuarto intento de aproximación: descendeu demasiado, un dos seus planos chocou contra un bosque de eucaliptos, e o aparello esborrallouse sobre o Pazo do Río."

Páxina web:

https://www.flickr.com/photos/147588011@N07/albums/72157678372603571

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión