19 de maio de 2023
Revisadas as alegacións pola devandita "Comisión de valoración", concederanse definitivamente as 11 bolsas do programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA XI.
A instrución do procedemento de adxudicación das prazas convocadas para o programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA XI correspóndelle ao Servizo Municipal de Educación (SME), que recibe as solicitudes e comproba os requisitos esixidos e a documentación acreditativa destes.
Unha vez pechado o prazo de alegacións á "Listaxe provisional de persoas admitidas e non admitidas", presentáronse as tres seguintes alegacións:
• A persoa solicitante con ID 23, alega e documenta que presentou a documentación no rexistro do Concello de Miño con data 08/05/2023, é dicir, dentro do prazo establecido.
• A persoa solicitante con ID 24, alega e documenta que presentou a documentación no rexistro da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia con data 08/05/2023, é dicir, dentro do prazo establecido.
• A persoa solicitante co ID 38, alega e documenta que presentou a documentación na Oficina de Correos, con data 8/05/2023, é dicir, dentro do prazo establecido.
Revisada a documentación presentada nestas tres alegacións, queda comprobada que a documentación requirida para o proceso de selección foi presentada conforme á Lei 39/2015, do 2 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, polo que estas persoas solicitantes co ID 23, 24 e 38 quedan definitivamente admitidas no proceso de selección.
• Por outra banda, a persoa solicitante co ID 39 presentou a documentación no rexistro o día 11/05/2023, fóra de prazo. Por iso, a súa solicitude non pode ser admitida.
Por todo isto, publícase a seguinte listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas no programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA XI.
Para continuar o proceso selectivo, o SME solicitoulles aos centros educativos do consorcio a documentación das persoas admitidas de cada centro (o certificado do expediente académico e o informe da titoría do ciclo formativo ou do enderezo do centro docente) para a súa valoración.
A próxima semana, reunirase a "Comisión de valoración", formada segundo a cláusula 10 das bases do programa, para valorar os méritos das persoas admitidas e adxudicará provisionalmente as 11 bolsas do programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA XI, tal como se recolle na cláusula 11 das devanditas bases.
Posteriormente, publicaranse na web educativa municipal as listaxes provisionais de persoas seleccionadas e de espera; e abrirase un período de alegacións de 5 días hábiles.
Revisadas as alegacións pola devandita "Comisión de valoración", concederanse definitivamente as 11 bolsas do programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA XI.
Calquera aclaración ou consulta pódese facer no correo educacion@coruna.gal ou no teléfono 981 184 200, extensións 22041 e 12114 (en horario das 9.00 ás 14.00 h).
Documentos relacionados
Programas relacionados
2 de maio de 2024
2 de maio de 2024
30 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible