Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de maio de 2023

ACOREUROPA XI: Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e non admitidas no proceso de selección

A partir do 19 de maio publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas

Publícase a lista provisional das persoas admitidas e non admitidas para participar na selección do PROGRAMA DE BOLSAS FP-PROXECTO ACOREUROPA XI, organizado pola Concellería de Educación do Concello da Coruña, en convenio co Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) e os 10 centros docentes asociados.

Ábrese un prazo de presentación de reclamacións de cinco días hábiles, dende o 10 ao 16 de maio de 2023, para que, no caso de que corresponda, se poidan realizar alegacións sobre a base da documentación presentada.

As devanditas alegacións deberán ser presentadas en calquera dos rexistros municipais (situados no Pazo municipal de María Pita, Forum Metropolitano, Ágora ou Mesoiro) ou en calquera das dependencias a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Unha vez examinadas as alegacións, publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas, a partir do 19 de maio. Calquera aclaración ou consulta pódese facer no correo educacion@coruna.es ou no teléfono 981 184 200, extensións 22041 e 12114 (en horario das 9.00 ás 14.00 h). 

Documentos relacionados

  • Listaxe provisional ACORE (64 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión