Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de xuño de 2023

ACOREUROPA XI: Publicación das listaxes de persoas seleccionadas pendentes de destino, de agarda e excluídas

Reunida a Comisión de Valoración, na data 27 de xuño de 2023, e realizada a baremación da documentación presentada polas persoas admitidas

Publícanse as listaxes das persoas seleccionadas pendentes de destino e de agarda (e excluídas) para participar no PROGRAMA DE BOLSAS FP-PROXECTO ACOREUROPA XI, organizado pola Concellaría de Educación do Concello da Coruña, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os 9 centros docentes asociados.

Reunida a Comisión de Valoración, na data 27 de xuño de 2023, e realizada a baremación da documentación presentada polas persoas admitidas (segundo a cláusulas 6 das bases do dito proceso) e unha alegación, procédese á publicación das ditas listaxes (no documento relacionado):

a)  Das persoas seleccionadas  (tantos como prazas se oferten no programa), pendentes de destino.

b) Das persoas que, cumprindo os requisitos, non acadan o número de orde que lles permita participar no programa por exceder do número de prazas. Estas persoas constituirán a listaxe de agarda.

c) Das persoas solicitantes que non compren os requisitos para participar no programa, con expresión sucinta da causa da súa exclusión.

Estamos no proceso de determinar os destinos definitivos.

Lembramos que os destinos, tal como se recolle na cláusula 2 das bases: "Non obstante, o órgano competente poderá variar a súa distribución o cambio de países de destino en función da competencia lingüística das persoas seleccionadas e da existencia de empresas axeitadas ao seu perfil profesional e académico nos destinos solicitados."

Nun prazo aproximado de 10 días, esperamos poder publicar os destinos definitivos. A partir dese momento abrirase un prazo un prazo de 5 días naturais a contar desde o día seguinte a esta publicación para a aceptación de participación no programa que, segundo o punto nº 12 das bases, deberá ser comunicada por escrito ao SME a través dos rexistros municipais ou en calquera das dependencias a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza tal comunicación entenderase que renuncia a súa participación no programa. De se presentar a comunicación por medio dalgún rexistro non municipal deberase remitir copia escaneada da mesma (co selo de rexistro de entrada) por correo electrónico ao SME (educacion@coruna.gal ) dentro do prazo de aceptación.

As persoas participantes incluídas na listaxe de agarda substituirán, por orde de puntuación, ás seleccionadas que renuncien á súa participación no programa ou que non poidan participar nel.

Calquera aclaración ou consulta pódese facer no correo educacion@coruna.es  ou no teléfono 981 184 200, extensións 22041  e 12114.

Documentos relacionados

  • Acta selección ACOREUROPA (432 KB)
  • Acta 1_Acoreuropa XI (29-05-23) (138 KB)
  • Anexo I_listaxe prov. seleccionadas de agarda e excluídas (75 KB)
  • Application_form (338 KB)
  • Carta_Motivación_instrucións_e_modelos (64 KB)
  • Portal_Europass (1 MB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión