Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de marzo de 2021

Adiamento do campionato de ondas grandes

O Concello da Coruña comunica que, debido á situación sanitaria actual e a finalización da temporada invernal, se pospón o campionato de ondas grandes de remada ata a vindeira temporada 2021-2022.

Malia non poder celebrar este inverno o evento, estamos satisfeitos polas sesións de adestramento realizadas na Coruña por algún dos mellores surfistas do mundo, que nos últimos meses viñeron a coñecer as ondas do Portiño baixo a supervisión de Eric Rebiere e o acompañamento do coruñés Juan Fernández, actual campión de España de ondas grandes.

Emprazamos a todos os afeccionados e seguidores deste deporte ao vindeiro outono para que, se a situación epidemiolóxica o permite, poidan gozar por fin dun campionato de ondas grandes na nosa cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión