Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de maio de 2022

Alteracións de tráfico pola Baixada Popular de San Pedro de Visma

Produciranse varios cortes na zona de Visma o domingo entre as 8.00 e as 14.00 horas que tamén afectarán ás liñas de autobús 3 e 3A

O domingo 8 de maio realízase a terceira proba do Circuíto Coruña Corre, a Baixada Popular de San Pedro de Visma, e produciranse algúns cortes de tráfico para garantir a seguridade das persoas participantes e a circulación de vehículos.

Desde as 08:00 horas ata as 14:00 horas, cortarase a rúa San Pedro de Visma desde a Igrexa ata a nova glorieta que dá acceso á subida cara ao Parque de Bens. Ademais, suprimirase o estacionamento en ambas as marxes para montar o arco de saída e meta.

Entre as 10:00 horas e as 13:00 horas, efectuarase o peche total do circuíto e, en consecuencia, non poderán circular vehículos na DP-3003 desde San Pedro de Visma ata o cruzamento co Centro Municipal de Animais de Compañía.

Nesa mesma franxa horaria ampliarase o corte da rúa San Pedro de Visma ata a glorieta de Catro Ventos (Baixada ao Portiño), salvo para residentes. Igualmente, cortarase a rúa Pedreiras e desviarase o tráfico cara á rúa Río, con acceso para residentes.

Os cortes afectan as liñas de autobuses 3 e 3A, que poderán entrar ata a nova glorieta de Visma ata as 10:00 horas, mentres que desde esa hora ata as 14:00 h darán volta na glorieta de Catro Ventos.

O dispositivo de tráfico levarase a cabo co dobre obxectivo de que a proba se desenvolva en condicións de seguridade para as persoas participantes na carreira e causar os menores contratempos posibles ao tráfico rodado.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión