Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de decembro de 2015

Alberto Lema salienta o éxito do Boucatise, "que cumpriu o obxectivo de proxectar a gastronomía coruñesa e poñer en valor o mercado de San Agustín"

O I Festival de Bocata Gourmet, que organizou a Concellería de Emprego e Economía Social, congregou a centos de persoa desde a mañá e expendeu máis de 3.500 bocadillos, ata esgotar existencias

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, entregou na tarde deste sábado o premio e os diplomas aos finalistas e gañadores do Concurso Bocata Gourmet, celebrado no marco do Boucatise, o I Festival Bocata Gourmet organizado polo Concello e que desde a mañá ateigou o mercado de San Agustín con centos de persoas. O responsable municipal salientou, neste sentido, que a iniciativa municipal cumpriu o seu obxectivo, “que era proxectar a gastronomía coruñesa como un dos atractivos desta cidade, e o turismo gastronómico, e, ao tempo, poñer en valor o mercado de San Agustín, unha instalación singular, cun gran valor arquitectónico e patrimonial”.  “Esgotáronse as existencias e os cociñeiros xa están pedindo facer máis, e facelo de inmediato”, comentou o responsable municipal, que se declarou “moi satisfeito” polo resultado do evento gastronómico, no que se venderon máis de 3.500 bocadillos. En canto ao Concurso Bocata Gourmet, o primeiro premio foi para  Jessica Mateo, da Escola Álvaro Cunqueiro, que presentou o bocadillo ‘Mórdete a lingua escabechada’, e que competía cos de José Torrado, Diego Pérez e Enrique José Fariña, que acadaron o segundo, terceiro e cuarto postos.

Esta I Edición do Boucatise congregou no mercado de abastos a profesionais da hostalería, negocio, escolas hostaleiras e moito público, que desde as 12.30 horas e ata as 18.00 achegouse para probar as especialidades en bocadillos, preparadas polos responsables de oito negocios da cidade, como son  o Restaurante Domus Casa Pardo, o Culuca, o Restaurante Alborada, o Restaurante Pablo Gallego, O Tío Xan, o Boca Negra, O Lagar da Estrella e o Roots Coruña, que puxeron toda a súa creatividade nas propostas culinarias do Espazo Bocata Gourmet. Ademais, durante a mañá tiveron lugar dous showcooking gratuítos, a cargo de Luis Veira –propietario do restaurante con estrela Michelín Árbore da Veira– e Iván Domínguez –director gastronómico do grupo Alborada, que tamén ten unha estrela Michelín–, dúas exhibicións que esgotaron o cupo de inscrición. O mesmo aconteceu cos tres talleres infantís, que serviron para achegar os primeiros conceptos gastronómicos entre os máis novos. A xornada estivo amenizada pola música do DJ Cuco.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión