1 de abril de 2022
Despois de dúas probas disputadas, Marín, que foi bronce en Matogrande e gañou na Torre, está á fronte da clasificación masculina; e Nerea Sánchez sitúase na primeira posición da categoría feminina pola súa regularidade
Álvaro Marín, que conquistou a proba da X Carreira Torre de Hércules #IMPORTAEMOITO-Trofeo José Antonio Varela Calviño e foi bronce na VI Carreira Popular de Matogrande, lidera a clasificación do Circuíto Coruña Corre en categoría masculina con catro puntos.
Despois de dúas carreiras, o atleta do club The Covardes leva un punto menos que os que suma Abdelaziz Fatihi, que foi terceiro na contorna do faro milenario e segundo na anterior proba do circuíto. Álvaro Presedo completa o podio con seis puntos.
En categoría feminina, á fronte da táboa está Nerea Sánchez con 255 puntos. Foi cuarta en Matogrande e terceira na Torre. A súa regularidade levouna á primeira posición.
Acumula catorce puntos menos que os de Inés Papín (269). Xa por encima dos 300 puntos (324) figura Nati García.
Running Oleiros 1, con 3 puntos, encabeza o circuíto en mixto adultos/as, con Showrunnners CAS e CompisCas 6* no podio; e en familias, por agora, está á fronte a Soto Viñas e Gontán Castro, cun punto e unha proba disputada cada unha, seguidas pola González Fernández, con dous puntos en dúas carreiras.
Todas as clasificacións do circuíto telas á túa disposición nesta ligazón: https://corunacorre.com/es/web/resultado/edicion-88/clasificaciones.

30 de novembro de 2025

21 de novembro de 2025

17 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible