Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de setembro de 2022

Álvaro Presedo e Uxía Rodríguez seguen á fronte

Tras a quinta proba de Coruña Corre, non hai cambios na categoría absoluta, na que o campionato está moi igualado

A Volta a Oza, quinta parada de Coruña Corre, apenas cambiou o decorado: Álvaro Presedo e Uxía Rodríguez marcharon de vacacións co primeiro posto e continúan conservándoo.

Presedo, segundo en Oza, mantén a súa posición de privilexio con cinco puntos noutras tantas carreiras disputadas, agora cun punto de vantaxe respecto de Abdelaziz Fatihi, que rozou o podio a pasado fin de semana O terceiro caixón na xeral é para Álvaro Marín con oito unidades.

Tamén conserva a posición de privilexio na categoría feminina Uxía Rodríguez, gañadora en Oza, que leva 238 puntos en tres carreiras, dez menos que os que acumula Nerea Sánchez, que competiu nas cinco. Nati García ocupa a terceira posición con 265.

En Mixtos Adultos lidera Running Oleiros, con 10 puntos en catro probas e nove de vantaxe respecto de Showrunners CAS, que son os únicos do podio con cinco carreiras completadas. CompisCas 6* marchan en terceiro lugar con 23 puntos.

En sub-18, están á fronte da clasificación Juan Cañizo e Ainoa Gontán; en sub-16, Alba Pena e Juan Bouzón; en sub-14, Alba Morais e Adrián Paz; en sub-12, Lucía Ageitos e Hugo Oubel, e en sub-10, Paula Morais e Hugo Cordal.

Podes consultar a clasificación provisional do circuíto de adultos na ligazón e do circuíto de menores na ligazón

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión