Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xullo de 2021

Andainas guiadas | Apertura inscrición andainas agosto'2021

Ábrese o prazo de inscrición nas andainas guiadas do mes de agosto de 2021.

Lembramos que o número de asistentes a cada andaina axustarase á normativa vixente no momento da andaina

Andainas guiadas | Programa mensual

OPCIÓN 1: Ruta polo Deporte coruñés e 50 anos do Palacio dos Deportes de Riazor

Horario: 12.00 a 13.00 horas

Duración estimada: 1 hora

Datas: Todos os venres de cada mes.

Temática: Historia do Deporte coruñés

Nesta ruta repasarase a historia do deporte na cidade da Coruña e os seus protagonistas xunto aos escenarios nos que destacaron. Lembraranse fitos como os que ocorreron no Corralón da Gaiteira e A Granxa ata os do campo de Riazor e o estadio que se constrúe a comezos dos 40, unha arquitectura que será revisada para acoller o Mundial de 1982 e que finalmente nos 90 recibirá o "fenómeno do Superdepor". Ademais do fútbol, abordaranse outros deportes como o hockey sobre patíns, o fútbol-sala, o baloncesto, o atletismo, o remo e a esgrima, así como as e os coruñeses/as que foron "olímpicas/os .."

Punto de saída: Busto de Arsenio Igrexas

Percorrido: A ruta comezará no busto de Arsenio Iglesias do paseo de Riazor e transitará polos exteriores e interiores do Estadio municipal Abanca Riazor e o Palacio Municipal de Deportes, onde está instalada a exposición "50 anos do Palacio Municipal".

Punto de finalización: Palacio dos Deportes de Riazor.

OPCIÓN 2: Ruta polo Parque Escultórico da Torre

Horario: 12.00 a 13.30 horas

Duración estimada: 1,5 horas

Distancia aproximada: 2,7 quilómetros

Datas: Todos os domingos de cada mes.

Temática: Historia mitolóxica da contorna

A ruta supoñerá unha camiñada polo Parque Escultórico que circunda a Torre de Hércules, gozando da paisaxe atlántica e a mitoloxía que encerran as estatuas situadas nas 47 hectáreas de pulmón verde que rodean o faro.

Punto de saída: Oficina de Interpretación e atención ao visitante da Torre de Hércules (CIAV)

Percorrido: Realizaranse paradas na escultura de Caronte, nos Menhires, no Campo da Rata e diante das obras de Hércules na nave dos argonautas, Ara Solis, do petróglifo e as de Breogán, Rosa dos Ventos e do grupo escultórico Ártabros.

Punto de finalización: Durmideiras (Campo da rata)

INSCRICIÓN E NORMAS DE PARTICIPACIÓN

A quen vai dirixido? Este programa está dirixido inicialmente ao alumnado das Escolas Deportivas Municipais maiores de idade e, no caso de que queden prazas libres, abrirase a toda a cidadanía maior de idade.

Canto custa a actividade? A actividade é gratuíta.

Como me apunto? Enchendo o formulario ou chamando ao teléfono 981189800.

Pica aquí para acceder ao formulario

Que datos necesito? Nome e apelidos, número de DNI, número de teléfono, un enderezo de correo electrónico e a EDM á que asistes no curso 2020-2021 (No caso das EDM da Piscina de Riazor, indicarase a EDM no curso 2019-2020).

Cando podo apuntarme? Ábrese un prazo para as rutas de cada mes.

Como sei que podo participar na andaina? As listaxes de persoas admitidas e en espera publícanse nesta mesma páxina. Ademais, o guía ponse en contacto coas persoas admitidas uns días antes de cada ruta.

Como se organizan os grupos? O número de asistentes a cada andaina axustarase á normativa vixente no momento da andaina

Normas de participación: Será obrigatorio o uso de máscara durante toda a actividade, así como respectar as distancias de seguridade co resto de persoas participante. Atenderase en todo momento as indicacións do guía.

Ao finalizar cada andaina, as e os participantes poderán repoñer forzas coa degustación que ofrecerá Sanbrandán.

Documentos relacionados

  • Bases das andainas guiadas (231 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión