Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de abril de 2024

Ao redor de mil estudantes participarán este sábado na XVII Feira Matemática promovida polo Concello

A xornada, organizada en colaboración coa Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática e a UDC, desenvolverase durante todo o día en Palexco

Máis de mil estudantes de 18 centros educativos da Coruña participarán este sábado na XVII Feira Matemática, organizada pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática e promovida e financiada polo Concello da Coruña. Nesta edición, o lema da feira é a relación entre a agricultura e as matemáticas. O ano pasado, máis de 2.000 persoas visitaron a feira, cuxa entrada é libre.

As actividades, nas que tamén colabora a Universidade da Coruña, desenvolveranse a partir das 11 horas en no Hall de Proa de Palexco. Haberá un total de 31 postos ou casetas, nos que alumnado presentará os proxectos que desenvolveron nas aulas baixo a supervisión dos 114 profesores e profesoras que tamén participarán na feira. As casetas serán atendidas por 69 estudantes, que serán os encargados de explicar as características dos proxectos deseñados.

A Feira Matemática é unha xornada pensada para a divulgación das matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional así como ao profesorado de Matemáticas e a todo o público en xeral.  A actividade avanza na liña marcada polo Goberno de Inés Rey para a promoción e divulgación das ramas STEM así como dos centros educativos da cidade.

Ao longo de todo un día móstranse distintos aspectos do proceso de aprender e ensinar matemáticas de forma divertida e coa participación dos escolares, os seus pais e nais, o profesorado e o público en xeral. Para iso desenvólvense actividades, talleres, concursos e exhibicións que fomentan a implicación de todos os asistentes á feira.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión