Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

13 de abril de 2020

Aplicación da moratoria da débeda arrendaticia para persoas en situación de vulnerabilidade económica a causa da COVID-19, establecida no real decreto-lei 11/2020 (art. 4) modificado pola disposición final cuarta do Real decreto lei 16/2020.

O concello aplicará, como entidade pública de vivenda, a moratoria da débeda arrendaticia regulada no artigo 4 do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, modificado pola disposición final cuarta do Real decreto lei 16/2020 ampliando o prazo a tres meses a aquelas e aqueles inquilinos de pisos de titularidade municipal que se atopen nunha situación de vulnerabilidade económica a raíz do confinamento pola COVID-19.

PRAZO PARA SOLICITAR A MORATORIA

No prazo de tres meses desde a entrada en vigor do real decreto-lei, isto é, do 2 de abril ao 1 de xullo do 2020.

QUEN SE PODE BENEFICIAR?

1. Os supostos de vulnerabilidade económica a consecuencia da emerxencia sanitaria ocasionada pola COVID-19 requirirán a concorrencia conxunta, para os efectos de obter moratorias ou axudas en relación coa renda arrendaticia da vivenda habitual, dos seguintes requisitos:

a) Que a persoa que estea obrigada a pagar a renda de alugueiro pase a estar en situación de desemprego, Expediente Temporal de Regulación de Emprego (ERTE), ou reducise a súa xornada por motivo de coidados, en caso de ser empresario, ou outras circunstancias similares que supoñan unha perda substancial de ingresos, non alcanzando por iso o conxunto dos ingresos dos membros da unidade familiar, no mes anterior á solicitude da moratoria:

i. Con carácter xeral, o límite de tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples mensual (en diante IPREM).

ii. Este límite incrementarase en 0,1 veces o IPREM por cada filla/o a cargo na unidade familiar. O incremento aplicable por fillo a cargo será de 0,15 veces o IPREM por cada fillo no caso de unidade familiar monoparental.

iii. Este límite incrementarase en 0,1 veces o IPREM por cada persoa maior de 65 anos membro da unidade familiar.

iv. No caso de que algún dos membros da unidade familiar teña declarada discapacidade superior ao 33 por cento, situación de dependencia ou enfermidade que a/o incapacite acreditadamente de forma permanente para realizar unha actividade laboral, o límite previsto no subapartado i) será de catro veces o IPREM, sen prexuízo dos incrementos acumulados por fillo/a a cargo.

v. No caso de que a persoa obrigada a pagar a renda arrendaticia sexa persoa con parálise cerebral, con enfermidade mental, ou con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 por cento, ou persoa con discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65 por cento, así como nos casos de enfermidade grave que incapacite acreditadamente, a persoa ou a quen a coida, para realizar unha actividade laboral, o límite previsto no subapartado i) será de cinco veces o IPREM.

b) Que a renda arrendaticia, máis os gastos e subministracións básicos, resulte superior ou igual ao 35 por cen dos ingresos netos que perciba o conxunto dos membros da unidade familiar. Para estes efectos, entenderase por «gastos e subministracións básicas» o importe do custo das subministracións de electricidade, gas, gasóleo para calefacción, auga corrente, dos servizos de telecomunicación fixa e móbil, e as posibles contribucións á comunidade de propietarios, todos eles da vivenda habitual que lle corresponda satisfacer á persoa arrendataria.

2. Para os efectos do previsto neste artigo entenderase por unidade familiar a composta pola persoa que debe a renda arrendaticia, o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito inscrita e as/os fillas/os, con independencia da súa idade, que residan na vivenda, incluíndo os vinculados por unha relación de tutela, garda ou acollemento familiar e o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito inscrita, que residan na vivenda.

3. Non se entenderá que concorren os supostos de vulnerabilidade económica a consecuencia da emerxencia sanitaria ocasionada pola COVID-19 para os efectos de obter moratorias ou axudas en relación coa renda arrendaticia da vivenda habitual cando a persoa arrendataria ou calquera das persoas que compoñen a unidade familiar que habita aquela sexa propietaria ou usufrutuaria dalgunha vivenda en España. Considerarase que non concorren estas circunstancias cando o dereito recaia unicamente sobre unha parte alícuota dela e obtívose por herdanza ou mediante transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuarase deste requisito tamén a quen, sendo titulares dunha vivenda, acrediten a non dispoñibilidade dela por causa de separación ou divorcio, por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da súa persoa titular ou dalgunha das persoas que conforman a unidade de convivencia.

COMO SE DEBE XUSTIFICAR?

As solicitudes poderanse presentar nos rexistros municipais, Sede electrónica do Concello da Coruña, ou telematicamente mediante o correo electrónico rehabilitacionvivenda@coruna.es remitindo adxunta a seguinte documentación:

1. A concorrencia das circunstancias será acreditada pola persoa arrendataria ante a persoa arrendadora mediante a presentación dos seguintes documentos:

a) En caso de situación legal de desemprego, mediante certificado expedido pola entidade xestora das prestacións, no que figure a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios por desemprego.

b) En caso de cesamento de actividade do persoal traballador por conta propia, mediante certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da Comunidade Autónoma, se é o caso, sobre a base da declaración de cesamento de actividade declarada pola persoa interesada.

c) Número de persoas que habitan na vivenda habitual:

i. Libro de familia ou documento acreditativo de parella de feito.

ii. Certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con referencia ao momento da presentación dos documentos acreditativos e aos seis meses anteriores.

iii. Declaración de discapacidade, de dependencia ou de incapacidade permanente para realizar unha actividade laboral.

d) Titularidade dos bens: nota simple do servizo de índices do Rexistro da Propiedade de todos os membros da unidade familiar.

e) Declaración responsable da persoa debedora ou debedores relativa ao cumprimento dos requisitos esixidos para considerarse sen recursos económicos suficientes segundo este real decreto-lei.

2. Se a persoa solicitante da moratoria non puidese achegar algún dos documentos requiridos nas letras a) a d) do apartado anterior, poderá substituílo mediante unha declaración responsable que inclúa a xustificación expresa dos motivos, relacionados coas consecuencias da crise da COVID-19, que lle impiden tal achega. Tras a finalización do estado de alarma e as súas prórrogas dispoñerá do prazo dun mes para a achega dos documentos que non facilitase.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión