Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de decembro de 2022

Aprobada a adxudicación das obras de reforma do sistema de eficiencia enerxética no centro cívico de Elviña

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe que a Xunta de Goberno Local aprobou tamén o proxecto de obra da nova pista de skate no parque de Eirís, que contará cun orzamento de 524.000 euros

A alcaldesa, Inés Rey, detallou hoxe os novos investimentos previstos nos barrios de Elviña e Eirís. A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de reforma do sistema de eficiencia enerxética no centro cívico de Elviña, cun investimento superior aos 550.000 euros. As obras, desde a súa posta en marcha, terán un prazo de execución de catorce semanas.

Ademais, este mércores autorizouse o proxecto de obra da nova pista de skate no parque de Eirís, que contará cun orzamento de 524.000 euros para remodelar e mellorar este recinto deportivo. As obras executaranse entre finais de ano e o vindeiro 2023.

O plan Conecta Coruña chega á UDC, a Lonxa e Cruz Vermella

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a sinatura de tres convenios que posibilitarán a adhesión da Universidade da Coruña, a lonxa da Coruña e Cruz Vermella ao proxecto tecnolóxico Conecta Coruña, unha iniciativa dotada con cinco millóns de euros, cofinanciada con fondos FEDER, que promove infraestruturas intelixentes e o uso do do 'big data' en máis de 200 edificios da cidade.

Baseándose nos convenios asinados hoxe, instalaranse sensores tecnolóxicos en edificios pertencentes á UDC, á lonxa e á Cruz Vermella, localizados no termo municipal. Grazas a este tipo de dispositivos, poderá optimizarse o consumo de recursos hídricos, valorar axustes automáticos da iluminación e dispor dunha medición continua do gas radón, mitigando riscos para a saúde das persoas.

Adxudicación do novo contrato do Servizo Municipal de Canguros

Por último, a Xunta de Goberno Local autorizou a adxudicación do novo contrato do Servizo Municipal de Canguros, que asumirá a empresa Vitaevents. Este contrato, que engloba a modalidade de atención nos espazos de atención á infancia e ludotecas, contará cun orzamento de 605.000 euros para unha vixencia de tres anos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión