Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de abril de 2023

Aprobadas as bases correspondentes á convocatoria das Bolsas USA 2024-2025

Ademais, a Xunta de Goberno Local autorizou a nova convocatoria da Fundación Emalcsa para as subvencións asociadas aos programas 'Deporte solidario e inclusivo' e 'Cultura accesible e inclusiva'

A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores 27 de abril as bases correspondentes ás Bolsas USA 2024-2025, un programa municipal que ofrece ao alumnado da cidade a posibilidade de cursar o primeiro ano de Bacharelato en Norteamérica. 

A previsión do Concello é convocar un mínimo de 35 bolsas, que poderán chegar a un total de 40 en función da oferta da empresa adxudicataria. Neste sentido, a estadía das persoas beneficiarias, nos Estados Unidos, comezará en agosto de 2024 e finalizará en xuño de 2025, incluíndo as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa.

Tras aprobarse as bases da convocatoria, o vindeiro paso será a súa saída a licitación.

Convenios da Fundación Emalcsa para o deporte e a cultura inclusiva

Ademais, este mércores aprobáronse as bases e a convocatoria da Fundación Emalcsa correspondentes ás subvencións asociadas aos programas 'Deporte solidario e inclusivo' e 'Cultura accesible e inclusiva', que chegan á súa décima e oitava edición, respectivamente.

Para a primeira delas, o Concello disporá un orzamento de 250.000 euros que permitirá ofrecer axudas, en concorrencia competitiva, de 3.000 a 20.000 por cada proxecto. No segundo dos programas, dotado con 100.000 euros de orzamento, financiaranse proxectos con aportacións que van dos 3.000 aos 10.000 euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión