3 de xullo de 2015
A edición estival desta iniciativa municipal ofrece propostas que van dende o deporte até actividades de creatividade. Os usuarios poden inscribirse a partir do próximo 5 de xullo
Arrancan as actividades de verán do programa de ocio xuvenil Nocturnia. A edición estival desta iniciativa municipal ofrece propostas que van dende o deporte até a creatividade artística, e que son completamente gratuítas.
O lema deste ano é Este verán temos moito que facer! As actividades de Nocturnia desenvolveranse durante as fines de semana de xullo e agosto. En total, nesta edición estival ofertaranse 438 prazas, repartidas en 17 actividades, o que supón un novo incremento con respecto aos programas de anos anteriores.
O inicio das actividades de Nocturnia terá lugar a fin de semana do 10 e 11 de xullo. Ruta aos acantilados de Lobios, clases de capoeira, iniciación ao piragüismo, surf, breakdance ou xeocachin serán algunhas das propostas que se oferten para a xuventude a partir de 12 anos.
A inscrición para participar nas actividades de Nocturnia comenzará este domingo, 5 de xullo, a través da páxina web www.coruna.es/cmix, na que se pode atopar toda a información dos diferentes programas de espazos e mocidade.
Ademais, a información sobre os cursos tamén estará colgada nas redes sociais, e se presentará en centros cívicos e bibliotecas municipais, no Ágora, no Forum Metropolitano, nas instalacións deportivas, institutos e espazos de carácter educativo, social e cultural.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible