Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de abril de 2020

As Bibliotecas Municipais celebran o Día da Danza con contacontos, coreografías e referencias a grandes bailarinas e bailaríns

A campaña “Ao paso dos versos” pretende achegarlle esta arte en movemento á cidadanía a través dos blogs e das redes sociais destes centros

As Bibliotecas Municipais súmanse á celebración do Día Internacional da Danza e encherán ao longo da xornada de hoxe todos os seus espazos virtuais con referencias a esta arte. Co lanzamento da campaña "Ao paso dos versos", os centros municipais queren unirse a aquelas persoas que nestes días non tiveron motivos polos que bailar mais que atoparon unha razón para o faceren. Nos seus blogs e a través das redes sociais, abordarán contidos dirixidos a todos os públicos coa danza como fío condutor, contemplada desde diversas perspectivas.

Desde o contacontos "Un tigre con tutú" a unha listaxe virtual de coreografías en "Bibliosons" ou un podcast coa lectura da autobiografía da bailarina moscovita Maya Mijáilovna Plisetskaya, a rede municipal de bibliotecas ensinará e entreterá en movemento a toda a veciñanza que así o desexe. As actividades para conmemorar esta efeméride pódense consultar na web https://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/actividades/actividades-destacadas-2020/dia-da-danza.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión