Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de decembro de 2022

As corais dos centros cívicos da Coruña protagonizan o concerto ‘Música no Nadal’, que acollerá este mércores o Ágora, con acceso de balde

As invitacións para asistir á actuación, que dará comezo ás 17.00 horas, poden recollerse desde hoxe, martes 13 de decembro, no Ágora

O centro sociocultural Ágora acollerá este mércores a décimo segunda edición do Encontro de Corais 'Música no Nadal', unha celebración promovida pola Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá no contexto das festas de Nadal, e que protagonizan as principais agrupacións corais da rede de centros cívicos da cidade.

O concerto, que terá lugar este día 14 desde as 17.00 horas, contará coa participación da Coral Polifónica de Breogán, do Grupo Social ONCE; a Coral Polifónica da Casa do Mar; a Coral Allegro Ma Non Troppo, do Centro Cívico de Monelos; a Coral Arumes, do Centro Cívico de Monte Alto; a Coral Cantores, do Centro Cívico de San Diego; a Coral do Centro Cívico do Castrillón; a Coral Saraiba, do Centro Cívico dos Mallos; e a Coral Airiños de San Fernando; do Centro Cívico de Feáns.

As agrupacións interpretarán unha variada programación de pezas, que van desde clásicos das festas de Nadal, como a 'Noite de Paz', de Franz Xaver Gruber e Joseph Mohr, a cancións tradicionais do folclore galego, como 'Vinde, galeguiños, vinde', de Fuxan os Ventos. Ademais, as persoas asistentes poderán gozar con diversas panxoliñas.

O acceso ao concerto será totalmente gratuíto, mais é preciso recoller unha invitación previa no centro sociocultural Ágora. As invitacións estarán dispoñibles na conserxaría da instalación municipal desde este martes (de 9.00 a 20.00 horas), e tamén o mesmo día do recital, de 9.00 a 16.45 horas. Disporanse un máximo de tres pases por persoa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión