Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de marzo de 2018

Ferreiro instou aos grupos políticos con representación municipal, nomeadamente a PP e PSOE, “a favorecer que, igual que ocorre entre os concellos da contorna, o Pleno da Coruña dea tamén o seu apoio ao impulso da Área Metropolitana”

As dez alcaldías da comarca revalidan en Mariñán o seu compromiso coa constitución da da Área Metropolitana da Coruña e acordan unha fronte común para reclamar ante Fomento a mellora das infraestruturas

Os rexedores e a rexedora acordaron esta mañá solicitar, de forma conxunta, entrevistas co ministro de Fomento e os presidentes da Xunta e a Deputación para abordar os accesos á cidade, así como o impulso á lei que regulará a área e o transporte metropolitano

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou esta mañá nunha reunión no Pazo de Mariñán á que acudiron os seus homólogos nos concellos de Abegondo (José Antonio Santiso), Arteixo (Carlos Calvelo), Bergondo (Alejandra Pérez), Betanzos (Ramón García), Cambre (Óscar García Patiño), Carral (José Luis Fernández Mouriño), Culleredo (José Ramón Riobóo) e Oleiros (Ángel García Seoane). A cita serviu para que os mandatarios e a mandataria locais acordasen a creación dunha fronte común coa que reivindicar ante o Ministerio de Fomento respostas ás deficiencias históricas de moitas infraestruturas da contorna, así como para evidenciar o seu compromiso coa conformación da Área Metropolitana, motivo polo cal solicitarán unha entrevista co presidente da Xunta de Galicia, e co impulso das mobilidade sostible. Os acordos acadados serán trasladados ao alcalde de Sada, Benito Portela, quen non estivo presente por motivos de axenda, co obxectivo de que poida adherirse aos mesmos.

A e os primeiros edís das súas respectivas corporacións manifestaron "a súa unión sen fisuras polo ben da cidade e da comarca, por enriba de calquera tipo de partidismos", entendendo que "as reivindicacións que se levan a cabo buscan, unicamente, dar resposta ás demandas da veciñanza". No caso concreto da conformación da Área Metropolitana, proceso que se está a abordar dende a Mesa de Alcaldes e Alcaldesa, Ferreiro conminou ao resto de grupos políticos municipais, e en concreto a PP e PSOE, a que "favorezan que, do mesmo xeito que ocorre entre os concellos metropolitanos, onde non hai rivalidade con este tema, o Pleno da Coruña tamén poida ter unha postura común de apoio".

Ao fío destas reclamacións, os e a rexedora incidiron na necesidade de acadar melloras na rede de infraestruturas viarias que, á vez, favoreza á mobilidade sostible. "A Coruña e a súa área, con máis de 400.000 persoas entre residentes e traballadoras, constitúe o principal eixe económico de Galicia e, como tal, require de infraestruturas modernas e axustadas á súa realidade", evidenciaron.

Medidas acordadas

En resumo, as catro medidas acordadas tras o encontro de Mariñán, que se desenvolveu ao longo de máis de tres horas nun clima de cordialidade, concrétanse na solicitude conxunta dunha reunión co ministro de Fomento, na que tratar cada un dos proxectos viarios solicitados polos concellos da contorna, tanto en marcha como en tramitación, e na que analizar os prazos previstos, solicitando tamén abordar o tema do tren de proximidade na liña a Ferrol. "Acordamos demandar que o encontro se realice na Coruña e, no caso de non ser posible, desprazarnos en conxunto a Madrid", apuntou Ferreiro.

Do mesmo xeito, a e os alcaldes metropolitanos solicitarán, de xeito conxunto unha reunión co presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, para abordar non só a cuestión da conformación legal dunha auténtica Área Metropolitana, senón tamén para debater medidas que fomenten a mellora da mobilidade sostible na rede comarcal, tanto a nivel de autoestratadas como de transporte público metropolitano.

O terceiro dos acordos explicitados pasa por unha terceira xuntanza, neste caso co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, co obxecto de achegar propostas de mellora na rede viaria provincial, "algo fundamental xa que estamos a falar da mobilidade de miles de cidadáns e cidadás".

Por último, os Concellos esixirán tamén aos organismos con competencias na materia a eliminación das peaxes na contorna da Coruña e que as novas infraestruturas programadas queden libres destes gravames.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión