Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de xaneiro de 2021

As instalacións municipais abrirán para acolleren as/os deportistas de competicións de ámbito estatal

A Concellería de Deportes recorda que o resto da cidadanía só poderá practicar deporte ao aire libre e con máscara, de forma individual ou acompañadas/os unicamente por persoas conviventes

Desde a Concellería de Deportes informan que todas as instalacións municipais permanecerán abertas durante as tres semanas seguintes para a práctica deportiva federada de nivel nacional. Pola súa parte, as escolas deportivas, as pistas ao aire libre de tenis, chave e a de patinaxe de Durmideiras estarán pechadas tal e como o ditan as novas restricións da Xunta de Galicia. Así mesmo, deixarán de dar servizo o campo de golf da Torre e os complexos deportivos de San Diego e de Santo Amaro.

A concellería recorda que até o 18 de febreiro só se poderá realizar deporte na rúa e con máscara, de forma individual ou acompañadas/os unicamente por persoas conviventes. As e os deportistas federados en competicións estatais son a excepción, por iso que as infraestruturas ficarán abertas para lles daren soporte, mais os seus partidos non contarán coa presenza de público. Canto ás ligas locais e autonómicas, estas levan suspendidas desde a semana pasada.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión