Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de agosto de 2021

As localidades para os concertos da Semana Clásica en María Pita están dispoñibles na web municipal agás para o de James Rhodes

No recital do pianista o día 19 de agosto, haberá unha persoa intérprete da linguaxe de signos, nesa aposta pola inclusión do Goberno de Inés Rey

As entradas para os concertos da Semana Clásica na praza de María Pita están dispoñibles na plataforma municipal de ticketing, https://www.coruna.gal/mariapita2021/gl, agás para o de James Rhodes que se esgotaron ao longo desta mañá. Deste xeito, as persoas interesadas poderán reservar asento para os recitais da Orquesta de Cámara Galega o día 18, da Orquestra Gaos (20 de agosto), da Orquestra Xove da OSG (21 de agosto) e o que dará a Banda Municipal con Abraham Cupeiro o día 22. No recital de James Rhodes o día 19, o pianista contará cunha persoa intérprete da linguaxe de signos para as súas presentacións, nesa aposta do Goberno de Inés Rey pola inclusión.

Nas citas, gardaranse medidas estritas de seguridade coa obriga de usar máscara durante o concerto e coas cadeiras separadas e xel hidroalcólico ao dispor do público. As persoas con invitación poderán entrar desde unha hora antes do inicio cada evento e a falta de quince minutos para que comecen, cubriranse as prazas baleiras coas persoas que se acheguen até o acceso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión