Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de febreiro de 2018

As medicións verifican que todos os pisos adquiridos polo Concello dentro do Concurso Público de Vivenda teñen a superficie esixida

“O resultado da comprobación ‘in situ’ é unha proba máis do bo facer dos e das técnicas municipais que conformaron a comisión técnica que analizou e escolleu as vivendas”, di o concelleiro Xiao Varela

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, confirmou este venres que as medicións actualizadas verifican que todos os pisos adquiridos polo Concello dentro do Concurso Público de Vivenda superan a superficie mínima esixida nas bases do mesmo. O responsable municipal indica que esta medición in situ, realizada polo servizo de Rexeneración Urbana, "é unha proba máis do bo facer dos e das técnicas municipais que conformaron a comisión técnica que analizou e escolleu as vivendas que finalmente foron adquiridas pola administración local".

Á vista dos datos, Varela volveu destacar "a transparencia" do Concurso Público de Compra de Vivenda posto en marcha polo goberno local co obxectivo de aumentar o patrimonio municipal para facilitar o acceso á vivenda dos colectivos con maiores dificultades, ademais de contribuír á rexeneración urbana dos barrios. Do mesmo xeito, quixo insistir "no papel absolutamente independente e técnico dos e das integrantes da comisión de valoración do concurso, que interpretou as bases do mesmo, de cara a seleccionar as vivendas conforme á legalidade". "Existen determinadas voces, movidas por intereses de parte, que tratan de sementar dúbidas sobre o desenvolvemento do concurso. A realidade é que todas as verificacións que estamos a realizar poñen de relevo que a comisión de valoración actuou e interpretou as bases de forma correcta", explicou, á vez que recoñeceu e agradeceu "o labor de todo o persoal municipal que traballou neste procedemento que ten, como fin último, axudar a que a vivenda digna sexa realmente un dereito ao alcance de todos e de todas".

As medicións que levou a cabo o Concello --e que xa estaban previstas debido á posibilidade, contida nas propias bases do concurso, de realizar melloras nos pisos se así fose necesario e non superasen o 50% do prezo dos inmobles-- referendan a transparencia e legalidade do concurso público levado a cabo durante o ano pasado. Así, a superficie útil da vivenda de Agra de Bragua é de 80,25 metros cadrados, mentres que a de Almirante Mourelle foi establecida en 59,05 metros cadrados e da rúa Fe en 75,86 metros cadrados, computando a parte correspondente dunha terraza de 2,87 m2, tal e como estipula a Lei de Vivenda de Galicia nas súas directrices para o cálculo da superficie útil. O inmoble de Joaquín Martínez (que neste caso ten unha terraza de 15,21 metros cadrados) conta cunha superficie útil total de 50,35 metros cadrados, mentres que as vivendas situadas na Barrera e na rúa Santander presentan respectivamente unha superficie útil de 71,54 metros cadrados e 57,13 metros cadrados.

"Non temos ningún inconvinte en verificar e revisar o proceso de adquisición de vivendas, dende o principio puxemos toda a información a disposición da oposición. Revisamos e revisaremos todo o que faga falla, pero as comprobacións que estamos a realizar van referendando o inxente traballo que se levou a cabo", dixo Varela, que recordou que, tras as comisións de Rexeneración Urbana e Transparencia desta semana, o expediente do concurso será analizado pola Asesoría Xurídica.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión