Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de xuño de 2026

As obras de rehabilitación no mercado de Santa Lucía avanzan cara a unha nova fase, cos traballos de cimentación e construción da nova estrutura

Entre o xoves e o venres desta semana está prevista a chegada da grúa-torre que permitirá iniciar esta nova quenda de obras

Esta semana, a renovación do antigo mercado de Santa Lucía avanzará cara a unha nova fase, coa inminente posta en marcha dos traballos de cimentación e construción da nova estrutura do edificio, que no futuro acollerá un centro de saúde e un centro cívico, entre máis equipamentos públicos.

A alcaldesa, Inés Rey, informou esta mañá das próximas actuacións no soar do mercado, onde nos últimos meses foron visibles as demolicións necesarias para, xa a continuación, iniciar esta próxima fase, que permitirá visualizar a columna vertebral do novo Santa Lucía, cuxa rehabilitación era unha demanda histórica da veciñanza da Falperra e parte do Ensanche desde hai máis de 15 anos.

"Seguimos coa nosa folla de ruta, dando pasos firmes para remodelar e modernizar un edificio multiusos que dará resposta ás necesidades do distrito", indicou Rey, que estimou en oito millóns de euros o investimento total para rehabilitar Santa Lucía.

Neste sentido, entre o xoves e o venres desta semana está prevista a chegada da grúa-torre que permitirá iniciar as tarefas das novas estruturas do edificio. Dadas as grandes dimensións da grúa, para facilitar o seu acceso á contorna do mercado será preciso efectuar cortes parciais de tráfico na rúa Inés de Castro.

A renovación de Santa Lucía, un compromiso de Goberno

O aproveitamento de Santa Lucía para darlle novo usos públicos foi un dos principais compromisos asumidos polo Goberno de Inés Rey neste mandato.

O obxectivo: a recuperación do edificio que estaba en desuso  -o antigo mercado- para dispor dunhas novas instalacións sanitarias que se axusten ao número de pacientes domiciliados na zona, tamén a creación de equipamentos públicos abertos ao uso de persoas de todas as idades.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión