9 de setembro de 2022
A Volta a Oza xerará alteracións no tráfico rodado e o servizo de buses este domingo
Con motivo da quinta proba de Coruña Corre, a Volta a Oza, e para garantir a seguridade das persoas participantes, o resto da cidadanía e o tráfico rodado, tomáronse unha serie de medidas para o vindeiro domingo.
As rúas de Oza e Eirís convértense en circuíto por un día. Ás 09:30 horas procederase ao peche dese trazado ao tráfico e abrirase progresivamente a medida que transcorra a carreira absoluta, que finalizará ás 11:15 horas.
Desde as 09:50 ata as 11:10 h cortarase a glorieta da rolda de Outeiro e avenida do Exército. En sentido saída da cidade, o tráfico desvíase cara á rúa Posse e a rolda; mentres que en sentido entrada, pecharase a saída do túnel dos Castros cara á mencionada glorieta.
Entre as 10:15 horas e ata as 11:10 h, cortarase a confluencia da avenida de Oza e a rolda de Outeiro. En sentido saída, o tráfico na avenida de Oza desvíase pola rolda en sentido cara á estación de tren, mentres que na entrada á cidade xéranse dous puntos de desvío: córtase o acceso no Miradoiro dos Castros, en sentido Catro Camiños. O tráfico dos coches estacionados e garaxes da avenida de Oza (entre rolda de Outeiro e Miradoiro dos Castros) desvíase pola rúa Cruce cara á avenida do Exército.
Igualmente, producirase o corte da rolda de Outeiro desde a rúa Marina Nieto Álvarez (Parque de Oza) ata a glorieta da avenida do Exército desde as 09:30 ata as 11:10 h, co desvío do tráfico desde Marina Nieto cara a Pérez Ardá.
En canto aos buses, os interurbanos non pararán na Gaiteira de 10:15 a 11:15 h e, no caso dos urbanos, de 09:30 a 11:15 h informarase (e sinalizarase) nas paradas afectadas polas modificacións.
Tómanse todas as medidas co obxectivo de conxugar seguridade na proba e no tráfico, tanto para vehículos como para viandantes, intentando causarlle as menores molestias posibles ao resto da cidadanía. Desde a organización agradécese de antemán a comprensión da veciñanza así como a súa colaboración, imprescindible para o desenvolvemento do circuíto Coruña Corre e desta proba, á que se inscribiron máis de 1.300 persoas.

30 de novembro de 2025

21 de novembro de 2025

17 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible