Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de outubro de 2022

Avanzan as obras de renovación do rocódromo municipal, que poderá acoller competicións oficiais nas tres modalidades da escalada deportiva olímpica

O Concello traballa na remodelación integral das instalacións de escalada no Pazo dos Deportes de Riazor, nas que levará a cabo un investimento de 256.036 euros

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, avanza nos traballos para a renovación do rocódromo municipal do Pazo dos Deportes de Riazor, onde se substituirá o actual, obsoleto, para que as instalacións ofrezan unha maior variedade de percorridos aos profesionais da escalada deportiva. Ademais, con esta remodelación do rocódromo municipal, a cidade poderá optar á acollida de competicións oficiais das tres modalidades da escalada deportiva olímpica.

Neste sentido, e tras as obras no rocódromo, cunha duración prevista de dous meses, as persoas usuarias poderán practicar ou competir nas modalidades de velocidade, na que dous escaladores compiten por subir máis rápido nunha parede de 15 metros de altura; boulder ou escalada en bloque, na que os deportistas escalan en catro minutos tantas vías fixas como podan nunha parede de 4,5 metros de altura; e, por último, a modalidade de lead ou dificultade, na que as e os escaladores intentan chegar ao máis alto nunha parede de 15 metros de altura e con seis minutos de tempo.

Os traballos, xa iniciados, contan cun orzamento de 256.036 euros. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, subliñou a importancia desta intervención no Pazo dos Deportes de Riazor, "que amosa a aposta do Goberno de Inés Rey polo reforzo das infraestruturas deportivas xa existentes nas instalacións municipais da cidade". 

A escalada deportiva, unha disciplina en auxe, distinguiuse por primeira vez como deporte olímpico nos Xogos de Toquio do 2020, disputados no ano 2021 por mor da pandemia de covid-19, e nos que o deportista español Alberto Ginés acadou a medalla de ouro na proba combinada de velocidade, bloque e dificultade. Ademais, o escalador español Erik Noya, con raíces familiares en A Guarda (Pontevedra) e pertencente ao Club de Montaña Coruña (CMC), acadou a medalla de prata na modalidade de velocidade no Campionato Mundial de Escalada celebrado en Rusia o ano pasado.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión