7 de febreiro de 2022
Dispoñeranse un total de catro postos: un situado na avenida de Buenos Aires, un segundo na rúa Posse, o terceiro situado na estrada do Porto e o cuarto na praza de Mina. Por suposto, a meta será un quinto punto no que as persoas corredoras poderán recuperarse do esforzo.
En Coruña21 queremos avanzar cara á excelencia en organización e que a carreira cumpra os maiores estándares en canto a servizos para as persoas corredoras. Ademais de contar cun circuíto homologado, seguindo as normas da I.A.AF., estableceranse un total de cinco pasos de avituallamento durante o trazado, partindo das recomendacións de situalos cada 5 km e grazas a patrocinadores como Coca Cola, El Corte Inglés e Hornos Sanbrandán.
Todos dispoñerán de refrixerio líquido. Ademais, todos/as os/as atletas que o desexen poderán utilizar un avituallamento propio. Para iso, deberán entregarllo á organización ata unha hora antes da saída, debidamente cerrado e marcado co seu número de dorsal e o punto quilométrico no que queren atopalo. O lugar de entrega será a zona habilitada para entregar os dorsais. Se o/a corredor/a desexa que se lle entregue na man, deberá designar e situar a unha persoa baixo a súa responsabilidade que cumprirá esta función. Esta deberá estar acreditada pola organización de Coruña 21. Calquera tipo de avituallamento fóra da zona marcada poderá supoñer a descualificación da proba para o/a infractor/a.
Durante todo o percorrido os/as atletas atoparán unha sinalización 100 metros antes do punto de avituallamento, indicándolles a súa proximidade. A primeira mesa será a designada para os avituallamentos persoais, sendo as restantes para o resto de corredores/as. As persoas participantes dispoñerán dos colectores suficientes repartidos por todo o trazado para a recollida de residuos cuxo uso será obrigatorio. Non usalos poderá derivar nunha descualificación. O obxectivo é prover as/os atletas de Coruña21 das maiores facilidades á vez que converter o Medio Maratón nun evento sostible e que non xere ningún tipo de impacto ambiental na cidade. Grazas á axuda de Coca Cola, a C21 e o resto de carreiras da Coruña apostan pola sostibilidade e a xestión dos residuos.
A situación exacta dos puntos de avituallamento, e o contido de cada un deles é a seguinte:

27 de novembro de 2025

8 de outubro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible