Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Bautismos de surf e iniciación ao skate e pádel-surf, entre as actividades gratuítas para a mocidade que oferta o Concello este mes
Un skater, na pista dos Rosales, nunha imaxe de arquivo
As actividades realizaranse no mes de agosto
O Concello da Coruña oferta para o mes de agosto varias actividades deportivas e de lecer dirixidas á mocidade co fin de promover o lecer positivo.
Esta iniciativa promovida pola Concellería de Benestar Social, Participación e Igualdade forma parte da programación de actividades estivais promovidas dende o Concello dirixidas á mocidade aproveitando a pausa lectiva no verán.
O calendario de actividades é o seguinte:
INICIACIÓN AO PÁDEL SURF no Porto Deportivo (zona Mariña Coruña). Punto de encontro pendente de lles confirmar aos/ás participantes. Dirixido á mocidade dos 12 aos 17 anos:
Grupo 1: 4 de agosto / das 10.00 ás 13.00 h. Finaliza a inscrición o 31 de xullo.
Grupo 2: 11 de agosto / das 10.00 ás 13.00 h. Finaliza a inscrición o 7 de agosto.
BAUTISMO DE SURF na praia de Barrañán. Dirixido á mocidade das 12 aos 17 anos.
5 de agosto / das 10.00 ás 13.30 h (inclúe transporte. Punto de recollida de autobús pendente de lles confirmar aos/ás participantes). Finaliza a inscrición o 1 de agosto.
SKATE EXPERIENCE (nivel iniciación) na pista do Parque de Eirís (12 a 17 anos).
6 e 7 de agosto / das 10.00 ás 12.30 h (punto de encontro no C.C. Castrillón o día 6 ás 10.00 h) Se non tes táboa, facilitámosche unha durante a actividade. Finaliza a inscrición o 4 de agosto.
MULTIAVENTURA: ORIENTACIÓN E SUPERVIVENCIA. Esta actividade desenvolverase nunha instalación multiaventura adaptada aos/ás menores situada en Ledoño (A Coruña). Dirixida á mocidade de 12 a 17 anos.
Día 8 de agosto / das 9.30 ás 14.15 h (inclúe transporte. Punto de encontro pendente de lles confirmar aos/ás participantes). Finaliza a inscrición o 5 de agosto.
En todas as actividades se inclúe o material necesario para o seu desenvolvemento.
A participación nestas actividades é gratuíta. As prazas son limitadas. A admisión será por orde de inscrición e é necesario un número mínimo de persoas inscritas para realizar a actividade. Confirmaráselles ás persoas participantes a admisión na actividade. INSCRICIÓN en liña, a través desta ligazón
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible