Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de abril de 2020

Benestar Social reparte cada día 250 menús do programa de Comedores sociais desde que se iniciou o estado de alarma

Un total de 508 persoas usuarias están dadas de alta no servizo de Comida a domicilio

A Concellería de Benestar Social e Igualdade reparte cada día desde que comezou o estado de alarma 250 menús nos comedores de Monte Alto e Novoboandanza dentro do programa Comedores sociais. Os comedores, explican, non están abertos para comer alí, pero sérvese a comida para que as persoas usuarias poidan levala para os seus domicilios. No caso de que non poidan abandonar as súas casas, voluntariado do concello e de Protección Civil achéganllela aos seus fogares. O horario de recollida é de 13.00 a 16.00 horas no centro de Montealto, e de 12.00 a 14.00 horas, en Novoboandanza.

As e os responsables municipais habilitaron tamén o comedor de Monte Alto para que as persoas usuarias do servizo Talón Restaurante que non teñan un establecemento próximo ás súas casas poidan recoller alí a súa comida. Das 718 persoas usuarias, cada día repártenselles menús a 212 usuarias/os.

Canto ao servizo de Comida a domicilio, na actualidade hai 508 persoas usuarias, 51 déronse de alta con urxencia cando se decretou o estado de alarma.

Desde o comezo da crise sanitaria, o concello reforzou todos os seus programas sociais co obxectivo de lles dar unha resposta inmediata ás necesidades das veciñas e dos veciños que estean  nunha situación de vulnerabilidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión