Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de xaneiro de 2024

Bolsas EEUU 2024-25: Publícase a listaxe provisional de persoas admitidas

Tamén se publica a listaxe de agarda así como as solicitudes desestimadas e excluídas con a expresión da súa causa

Consulta a listaxe Bolsas USA 2024-25: listas provisionais . Ábrese un periodo de dez días para a presentación de reclamacións.

Lembramos que a través deste programa, 40 estudantes da cidade poderán cursar un ano escolar en Estados Unidos, en réxime de convivencia con familias, para perfeccionar o seu nivel de inglés e vivir unha experiencia de inmersión noutra cultura.

De agosto de 2024 a xuño de 2025

A estadía en Estados Unidos comeza en agosto de 2024 e finaliza en xuño de 2025, incluídas as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa. As datas de saída e regreso varían en función do estado ou territorio de destino.

O programa inclúe estadía nos EEUU durante o período correspondente a un ano académico neste país vivindo cunha familia residente, escolarización nun centro educativo dos EEUU (High School), organización de xornadas informativas para o alumnado participante no programa, tramitación e obtención do visado de entrada en EEUU, viaxe e desprazamentos de ida e volta desde A Coruña ata a poboación de destino nos EEUU para cada participante, seguimento e control da vida dos menores na familia de acollida, do seu comportamento e rendemento académico, así como da súa vida social; validación dos estudos realizados polo alumnado nos EEUU ante a Administración Educativa e asistencia sanitaria e seguro de responsabilidade civil.

Documentos relacionados

  • Bolsas USA 2024-25: listas provisionais (162 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión