12 de agosto de 2016
Convocatoria pública correspondente ao programa de "Comedores escolares curso 2016-2017"
Publicación da lista definitiva
Publicación da lista definitiva de persoas beneficiarias das bolsas para comedores escolares. O prazo para formalizar a alta no Programa de bolsas de comedor finaliza o día 5 de setembro e débese realizar a través do centro cívico municipal que corresponda por domicilio.
Tamén se poderá consultar esta información nos centros cívicos, rexistros municipais e teléfono 010 de información cidadá.
No arquivo que aparece con esta noticia aparecen ordenadas polo número de documento nacional de identidade, as persoas cuxa solicitude foi estimada e as que non o foron.
Podes consultar a resolución de aprobación definitiva de bolsas comedor (curso 2016/2017), publicada na sede electrónica do Taboleiro municipal de anuncios e edictos, premendo aquí: Resolución

11 de decembro de 2025

8 de decembro de 2025

6 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible