Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de marzo de 2023

INNOVACIÓN E EMPRENDEMENTO CIENTÍFICO

Borrego destaca o carácter innovador da Coruña nunha xornada sobre ciencia

“O turismo MICE ou de reunións é moi importante para a nosa cidade”, expresou Juan Ignacio Borrego, na xornada "Translation of Science into Innovation"

A Coruña acolleu hoxe a xornada "Translation of Science into Innovation", coa asistencia de científicas e científicos das tres universidades galegas e doutras comunidades autónomas, así como de empresas especializadas en transferencia científica e tecnolóxica. "A Coruña traballa moito para axudar a que este tipo de xornadas teñan lugar na nosa cidade. A estratexia de turismo MICE ou de reunións é moi importante para nós", expresou o concelleiro de Turismo e presidente do Consorcio de Turismo e Congresos da cidade, Juan Ignacio Borrego, que agradeceu a presenza de especialistas de prestixio na cidade, "pola importancia do seu traballo para a evolución da sociedade, pola súa entrega en situacións como a pandemia e tamén por elixir A Coruña como anfitrioa deste evento", no que colabora o concello da Coruña a través do consorcio.

"Pídovos que sigades traballando porque sodes fundamentais para dar resposta aos problemas da nosa sociedade", afirmou Borrego na inauguración da xornada, con mesas redondas sobre innovación e emprendemento científico.

As claves para a creación de empresas centradas en transferencia, a importancia de contar cun equipo multidisciplinar ou analizar ben o alcance da investigación son algunhas das ideas destacadas nas mesas redondas do evento, impulsado por María Mayán, investigadora xefa de grupo-INIBIC, e Antonio V. Ferrer, director do IDiBE, desde a Sociedade Española de Bioloxía Molecular e Bioquímica (SEBBM).

Casos de éxito

A xornada centrouse na experiencia e o coñecemento de grandes expertos en translación e innovación coa intención de inspirar e axudar os investigadores galegos no ámbito biomédico para que dean o salto á explotación do coñecemento xerado, con casos de éxito reais en investigación médica que conseguiron chegar ao mercado con éxito.

"A Coruña sempre mantivo un concepto vangardista, liberal. Neste sentido, esta xornada sobre innovación aínda entronca máis coa idiosincrasia desta cidade", engadiu Borrego, que animou os participantes a coñecela, a gozala e a volver. "Estamos aquí para o que necesitedes, esta é unha das cidades máis fermosas", apuntou o concelleiro.

No encontro participaron expertos dos ámbitos científico e empresarial como África González, María Monsalve, Mabel Loza, Irene Sánchez, Enrique Castellón, Fernando Aguirre, Roger Gomis, Sonia Martínez Arca, Luís Ruiz Avila, María de la Fuente, Rocío Mosquera ou Julio Martínez.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión