Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de agosto de 2021

Cabo de Cruz e Samertolameu levaron as bandeiras do Teresa Herrera de traiñeiras nas categorías feminina e masculina

A edil de Deportes, Mónica Martínez, apuntou que este evento é “unha cuestión fundamental para o Goberno de Inés Rey, que quere involucrar a cidadanía na práctica dos deportes náuticos”

A enseada do Orzán acolleu esta fin de semana a trixésimo quinta edición do trofeo Teresa Herrera de traiñeiras na categoría masculina e a quinta na feminina. Este trofeo incluíu a décimo terceira bandeira de traiñeiras masculina e a segunda bandeira feminina, que se disputou esta mañá e da que saíron vencedoras na categoría feminina a embarcación Cabo de Cruz e na categoría masculina a Samertolameu. O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, participaron na entrega dos trofeos que se desenvolveu na zona do Paseo Marítimo coñecida como o Terreo dos Mariño.

A titular de Deportes, Mónica Martínez, sinalou que se trata dun evento máis co noso mar como protagonista, "unha cuestión fundamental para o Goberno de Inés Rey, que quere involucrar a cidadanía na práctica dos deportes náuticos".

Esta cita, que lle pon fin á liga galega de traiñeiras, congregou na Coruña un total de 23 tripulacións masculinas e 8 femininas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión