Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de decembro de 2017

Cameán salienta “a aposta do Concello pola prevención das drogodependencias entre a mocidade” na entrega dos premios do concurso de viñetas ‘Sen adiccións… un bo plan”

Xustiza Social salienta que un total de 742 mozos e mozas participaron neste certame, que se engloba dentro das accións que desenvolve o Concello para a promoción do lecer saudable No curso 2017-2018 o Concello realizará 330 talleres preventivos en centros escolares de primaria e secundaria nos que participarán 7.200 alumnos e alumnas

A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, presidiu esta mañá a entrega de premios do certame de viñetas impulsado polo seu departamento municipal Sen Adiccións... Un Bo Plan, que se enmarca no conxunto de actividades dentro da programación municipal para a prevención das drogodependencias e a promoción do lecer saudable entre a mocidade. A responsable municipal salientou a alta participación no concurso no con 742 mozos e mozas de centros escolares da cidade que cursan o Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) ou FP Básica. O estudantado debía de reflexionar sobre as estratexias de sensibilización ante conductas adictivas por medio de debuxos presentados en formato cómic, que poderán ser empregados pola Concellería de Xustiza Social para o desenvolvemento doutras campañas de carácter socioeducativo.

O premio conta con dúas categorías segundo os cursos dos e das participantes, unha primeira para alumnado de 1º e 2º de ESO e unha segunda para os e as mozas de 3º e 4º curso de ESO e FP. Na categoría 1 resultou vencedora Raquel González Calvo, que cursa 2º de ESO no IES Salvador de Madariaga, mentres que na categoría 2, o escollido foi Roi Moreno Riveiro, que fai 3º de ESO no IES Otero Pedrayo. Ademais, e debido á calidade dos traballos, tamén se concederon dous accésits a Kaito Tenreiro Shashida (1º de ESO, IES Eusebio da Guarda), e a Antía Pardo López (3º de ESO, CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco).

Por outro lado, e á marxe do desenvolvemento do acto da entrega de premios, a concelleira Cameán recordou que o seu departamento municipal está a realizar dende o pasado mes de outubro os talleres de prevención de drogodependencias no ámbito escolar, que neste curso 2017-2018 chegarán até os 330. Está previsto que máis de 7.200 rapaces e rapazas participen nos mesmos.

Estes talleres teñen como obxectivo informar sobre os riscos e as consecuencias a curto e longo prazo que ten o consumo de drogas, así como trata de previr o inicio do consumo de alcol e outras substancias e fomentar a adquisición de valores positivos que favorezan a madurez social (autoestima, responsabilidades sociais, análise crítica). Estas actividades son impartidas por profesionais de entidades da cidade con experiencia no campo da prevención das drogodependencias e conductas adictivas, como é a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (ACLAD), Asociación de Axuda a Familiares de Drogodependentes (ADAFAD) e a Asociación de Ludópatas Rehabilitados (AGALURE).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión