Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

26 de maio de 2020

Campamentos urbanos de verán nos centros cívicos

Para nenas e nenos que nacesen entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2016. As preinscricións serán os días 27, 28 e 29 de maio.

Este verán, do mesmo xeito que en anos anteriores, vanse levar a cabo os campamentos urbanos durante os meses de xullo, agosto e primeiros días de setembro para nenas e nenos que nacesen entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2016.

Os grupos ofertaranse en horario de mañá e tarde, excepto nos centros cívicos veciñais, onde haberá quendas diferentes segundo o centro.

Os sábados, domingos e festivos non haberá campamento.

Horario xeral

Mañás:

De 10.00 a 14.00 h

Horario ampliado de 9.00 a 14.30 h

Tardes:

De 16.00 a 20.00 h

As quendas previstas son:

GRUPO 1

Do 1 ao 15 de xullo

Do 16 ao 31 de xullo

GRUPO II

Do 1 ao 15 de agosto

Do 16 ao 31 de agosto

GRUPO III

Do 1 ao 9 de setembro

COTA

  • Horario xeral de mañá: 26 euros
  • Horario xeral de tarde: 26 euros
  • Horario de mañá ampliado: 32 euros

CALENDARIO DE PREINSCRICIÓN E INSCRICIÓN:

Preinscrición: 27, 28 e 29 de maio. A preinscrición farase en liña, dirixíndose a esta páxina durante os días marcados para a preinscrición ou nas mesmas datas telefonicamente, chamando ao número de teléfono 010 de información cidadá.

No momento en que se formalice a preinscrición, a persoa interesada recibirá un correo electrónico de confirmación. O número que se lle asigna para o sorteo das prazas poderase comprobar nesta mesma web ou nas portas dos centros cívicos.

Publicación das listas de preinscrición: 30 de maio ás 10.00 h nesta web e tamén chamando ao teléfono 010 de información cidadá.

Posibles reclamacións das listas de preinscrición: 30, 31 de maio e 1 de xuño

Sorteo: 3 de xuño ás 10.00 h

Publicación das listas de admisións e de espera: 9 de xuño ás 10.00 h nesta web ou chamando ao teléfono 010 de información cidadá

Inscrición e aboamento da cota: 10, 11 e 12 de xuño. Explicarase no seu momento o xeito de facelo.

Xestión das listas de espera: do 13 ao 19 de xuño

Pódese consultar toda a información no documento que se achega e, nesta ligazón, todos os campamentos de verán organizados polo Concello da Coruña.

Documentos:

Folleto informativo (312 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión