Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de maio de 2023

Case 2.000 persoas inscritas no circuíto Coruña Corre, que celebra este domingo a Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma

Os dorsais para a segunda proba do circuíto poderán recollerse o sábado e domingo antes da saída no Centro Cívico

O domingo 7 de maio celebrarase a XIII Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma, a segunda proba do décimo circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Ao peche das inscricións, hai case 2.000 persoas rexistradas que poderán participar nesta competición.

A proba absoluta está prevista para ás 10.00 horas do domingo e percorrerá unha distancia de 6,5 quilómetros entre terreo asfaltado e zonas verdes. A partir das 11.15 horas disputaranse as carreiras de categorías inferiores, un total de seis. O inicio e a meta da proba estará situada na rúa San Pedro de Visma, no cruzamento coa rúa Aguillón, próxima ao centro cívico municipal.

A carreira discorrerá pola estrada de Bens ata o parque, onde terá lugar a meirande parte da proba, antes de regresar polo mesmo percorrido. Haberá un avituallamento sólido e líquido na meta.

As persoas participantes nesta Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma deberán retirar os seus dorsais no Centro Cívico de San Pedro de Visma, o sábado 6 de 11.00 a 20.30 horas, e o domingo 7, ata unha hora antes do comezo das carreiras. As persoas inscritas no circuíto Coruña Corre que xa teñan o seu dorsal non necesitan retirar un novo, xa que este é único para todas as probas.

Haberá servizo de gardarroupa, de 9.30 a 13.00 horas, no centro cívico. Tamén haberá un servizo de duchas no polideportivo municipal de Labañou, de 10.30 a 13.00 horas. A entrega de premios terá lugar a partir das 12.30 horas no podio situado fronte á zona de meta.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión