Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de marzo de 2021

Case esgotadas as invitacións para a II Semana do Cinema Galego no Teatro Colón

A cidadanía responde positivamente á segunda edición desta iniciativa do Concello, en que se proxectarán de forma gratuíta as catro películas finalistas dos XIX Premios Mestre Mateo

A cidadanía está respondendo positivamente á chamada do audiovisual e xa son poucas as invitacións dispoñibles para a segunda Semana do Cinema Galego, que terá lugar do 25 ao 28 de marzo no Teatro Colón. As persoas interesadas poderán asistir de balde ás proxeccións das catro películas finalistas dos XIX Premios Mestre Mateo, que se distribuirán deste xeito:

"A Illa das mentiras", xoves 25

"Ons", venres 26

"Arima", sábado 27

"Lúa Vermella", domingo 28

Todos os pases darán comezo ás 19.00 horas e os convites poderán retirarse en https://corunacultura.sacatuentrada.es/. Antes da película, haberá un debate con algunha das persoas protagonistas, que tamén se poderá seguir en streaming.

A gala dos premios do audiovisual galego terá lugar o 10 de abril no teatro coruñés. O tirón que está tendo esta iniciativa do Concello dá boa conta da enorme calidade do cine que se está facendo en Galicia, "un potencial que as administracións debemos apoiar", sinalou a alcaldesa, Inés Rey.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión