20 de novembro de 2008
O académico Felipe Senén inaugura o xoves 20 de Novembro o ciclo de conferencias "A cultura de Galicia hoxe: identidade e globalización" organizado pola Obra Social Caixanova, cunha conferencia titulada "Galicia, unha identidade escrita en pedra".
Na conferencia, que comezará ás 20.00 horas, o académico realizará un estudo que vai desde os primeiros habitantes de Galicia, pasando polos celtas, ata a chegada do Imperio Romano. O ciclo inclúe outras tres conferencias, tamén a cargo de Felipe Senén, o 25 de novembro, e o 3 e 11 de decembro.
Senén conta cun importante traballo na dinamización cultural galega como fundador da Asociación cultural Avantar de Carballiño, Alexandre Bóveda da Coruña, o seminario "A nosa terra" e a revista de pedagoxía "Ensino", publicacións coas que colabora con artigos de divulgación e sensibilización sobre o patrimonio cultural de Galicia.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible