Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de setembro de 2022

Coca-Cola e Coruña42 únense pola sustentabilidade

A marca de refrescos subscribiu un convenio co Concello para colaborar na volta do Maratón Atlántica cunha aposta común por coidar o medio ambiente

Coca-Cola forma parte da relación de patrocinadores de Coruña42, que regresará o 2 de outubro ao asfalto da cidade e aposta pola sostibilidade.

A marca de refrescos subscribiu un convenio co Concello da Coruña, organizador da carreira, para colaborar co Maratón Atlántica.

Coca-Cola, que conta cunha das súas factorías na cidade, propúxose alcanzar a neutralidade da pegada de carbono en 2040, e está comprometida cunha cadea de subministración sostible e responsable. O 99 % dos seus envases son completamente reciclables.

Os seus obxectivos de sostibilidade e coidado do medio ambiente son os mesmos que persegue o Goberno municipal e Coruña42.

No marco do Maratón Atlántica, o Concello e a Concellaría de Deportes súmanse ao proxecto Mares Circulares, que Coca-Cola desenvolve coa Asociación Chelonia. Nas webs de ambas as entidades podes coñecer máis a fondo este proxecto que recolle lixo de costas e mares, conciencia sobre a importancia de reciclar e impulsa solucións para paliar a contaminación mariña.

Neste contexto, Coca-Cola e Chelonia impartirán unha acción formativa o venres 30 de setembro ás 18.00 horas na Exporunning, a feira do corredor que se celebra en Palexco, e, posteriormente, o 16 de outubro, realizarase unha limpeza da praia das Lapas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión