30 de setembro de 2026
A programación deste ano contará coa participación do alumnado de varios centros da cidade e con varias accións divulgativas para toda a familia
A concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Montserrat Paz, presentou hoxe o programa da Semana da Prevención de Indencios 2026, unha iniciativa promovida polo Concello, a Fundación Mapfre -representada no acto polo seu director de Área de Seguridad Vial, Salud y Prevención, Antonio Guzmán- e a Asociación Profesional de Técnicos de Bomberos (APTB) para achegar á cidadanía de todas as idades a importancia da seguridade e evitación de riscos. Estas accións forman parte do traballo divulgativo impulsado polo Goberno de Inés Rey para achegar ás familias, e moi especialmente a nenos e nenas, cuestións fundamentais sobre a seguridade en diferentes ámbitos.
"A educación é o primeiro paso para saber como reaccionar ante situacións de emerxencia. Temos que darlle á cidadanía as ferramentas e coñecementos fundamentais a través dun labor divulgativa protagonizada polos nosos profesionais dos servizos de emerxencia, que son os que día a día traballan moi duro para manternos seguros", apuntou a concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Montserrat Paz.
As actividades públicas comezarán o próximo 1 de outubro coa visita de escolares do CEIP Fernández Latorre, que asistirán en María Pita a unha charla sobre autoprotección e prevención e evacuación de centros escolares e participarán nun taller didáctico con profesionais do servizo de Bombeiros.
O programa continuará durante toda a xornada, incluíndo unha visita institucional da alcaldesa, Inés Rey. Pola tarde, continuara a xornada inaugural coa visita do alumnado do ciclo medio en Técnico de Emerxencias Sanitarias do centro Liceo La Paz, e cunha exposición de material, atención de consultas, Talleres variados para todos os públicos.
O programa, que se estenderá ata o luns, 5 de outubro, inclúe as seguintes actividades:
1 de outubro
10.00 a 13.30 horas: Visitas escolares. CEIP Fernández Latorre "Evacuación en centros escolares", "A autoprotección e a prevención", talleres didácticos.
12.00 horas: Visita institucional da alcaldesa da Coruña á "Semana da Prevención de Incendios 2026".
17.00 horas: Visita ciclo medio Técnico Emerxencias Sanitarias, centro Liceo La Paz.
17.00 h a 20.00 horas: Exposición de material e atención de consultas. Talleres variados para todos os públicos.
2 de outubro
10.00 a 13.30 horas: Visitas escolares. CEIP de Prácticas y CEIP San Pedro de Visma. "Evacuación en centros escolares" e "A autoprotección e a prevención" (talleres didácticos).
17.00 a 20.00 horas: Exposición de material e atención de consultas. Talleres variados para todos os públicos.
3 de outubro
10.00 a 14.00 horas: Exposición de material e atención de consultas. Talleres variados para todos os públicos.
17.00 a 20.00 horas: Exposición de material e atención de consultas. Talleres variados para todos os públicos.
4 de outubro
10.00 a 14.00 horas: Exposición de material e atención de consultas. Talleres variados para todos os públicos.
17.00 a 20.00 horas: Exposición de material e atención de consultas. Talleres variados para todos os públicos.
5 de outubro
10.00 a 13.30 horas: Visita do CEIP Eusebio da Guarda. "Evacuación en centros escolares", "A autoprotección e a prevención" (talleres didácticos).

22 de setembro de 2026

16 de setembro de 2026

27 de agosto de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible