Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2023

Rematará o venres 22 co ‘Día sen coche en San Andrés’, de 16.00 a 20.00 horas, e unha nova edición da Friday Mobility Night ás 21.30 horas

Comeza a Semana Europea da Mobilidade con máis de 20 actividades divulgativas sobre sostibilidade e seguridade viaria

Inés Rey: “Estas xornadas naceron co obxectivo de situar o espazo público e a mobilidade sostible como eixos de actuación"

A alcaldesa, Inés Rey, abriu esta mañá a Semana Europea da Mobilidade, que se celebrará na cidade do sábado 16 ao venres 22 de setembro. A SEM2023 contará con exposicións, obradoiros, música e actividades para todos os públicos que se desenvolverán en diferentes puntos da cidade. "Estas xornadas naceron co obxectivo de situat o espazo público e a mobilidade sostible como eixos de actuación" explicou a alcaldesa.

A alcaldesa destacou o éxito do modelo implantado no pasado mandato que permitiu gañar 55.000 metros cadrados para a cidadanía, contar con 13.400 usuarios de Bici Coruña e que o transporte público rexistrase este ano un incremento do 26 % no referente aos usos, en comparación co mesmo período do 2022.

A Semana Europea da Mobilidade comezou coa viaxe en autobús eléctrico en probas do Parrote ata o Obelisco. A alcaldesa, acompañada do concelleiro da área de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage, e a concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas, Nereida Canosa, abriu as xornadas temáticas que continuaron coa presentación da campaña "Muévete seguro" de Stop Accidentes, o circuíto de habilidades da DGT e o Paseo de bicis antigas a cargo da Asociación Mobi-liza.

As actividades continuarán durante toda a semana con máis de 20 actividades en distintos puntos da cidade co Obelisco como centro de información, con sete carpas temáticas que acollerán obradoiros e mostras de servizos municipais ou asociacións vinculadas á mobilidade. As carpas situadas no Obelisco correspóndense co Servizo de Mobilidade, Policía Local, Medio Ambiente, Compañía de Tranvías da Coruña, BiciCoruña, Control semafórico da mobilidade e unha carpa multiusos, na que se localizarán diversas asociacións.

Ademais, durante a celebración da Semana Europea da Mobilidade, o Centro Integral de Mobilidade (CIMOB) estará aberto a visitas a partires das 17.00 horas para que as persoas que o desexen poidan coñecer o seu funcionamento. Está coordinado pola Policía Local e o Servizo de Mobilidade do Concello e sitúase na Estación de Autobuses da Coruña. Tamén haberá un posto fixo no Obelisco sobre programa "Ahora vamos andando al cole" de Stop Accidentes, en colaboración co Concello da Coruña, sobre a importancia dos sendeiros escolares seguros.

A programación da Semana Europea da Mobilidade 2023

Este ano a Semana Europea da Mobilidade contará, novamente, con diferentes tipos de actividades de carácter divulgativo para achegar aos coruñeses e coruñesas a importancia do novo modelo de mobilidade. Logo da xornada inaugural, o domingo comezarán as actividades no Obelisco ás 12.30 horas coa actuación de Coros e Danzas 'Eidos' para animar ao público que visite as carpas. Ademais, como todos os días, a partir das 17.00 horas celebraranse as xornada de portas abertas no CIMOB.

As actividades abertas ao público seguirán o luns 18 no Obelisco, co obradoiro de ergonomía e mecánica na rúa da man de Mobi-Liza (18.00-21.00 horas), o martes 19 de 11.00 a 12.30 horas na carpa da Policía Local ou o mércores 20 coa mostra de Galicia Rollers de 17.00 a 20.00 horas e a actuación de Acorde Secreto, tamén ás 17.00 horas no Obelisco. Os Galicia Rollers volverán o xoves 21 ao Obelisco, tamén de 17.00 a 20.00 horas, esta vez amenizados coa actuación de Follas Novas dende as 16.30 horas.

A Semana da Mobilidade rematará o venres 22 co día sen coche en San Andrés, cortándose o tráfico de 16.00 a 20.00 horas. Alí levaranse a cabo varias actividades relacionadas co deporte coa colaboración de Decathlon así como a posibilidade de participar no circuíto de habilidades da DGT. Tamén, a partir das 17.00 horas, os máis pequenos poderán achegarse a participar no taller de chapas ou en familia ás 18.30 horas coa actuación de Donaire. A xornada rematará en María Pita coa actuación da Polifónica Canticorum ás 21.00 horas e a Friday Mobility Night con Galicia Rollers, con saída ás 21.30 horas. 

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE. Eficiencia Enerxética:16-22 de setembro

Previsión de actividades: Carpas no Obelisco de 11.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 20.00 h

DOMINGO 17.

  • 12.30 h. Actuación de Coros e Danzas 'Eidos' | Obelisco
  • 17.00 h. Xornada de portas abertas CIMOB | Estación de autobuses

LUNS 18

  • 9.30-10.30 horas. 
  • 13.30-14.00 horas. Camiño escolar ANCAS, con Stop Accidentes | CEIP Coornide Saavedra (Sardiñeira)
  • 17.00 horas. Xornada de portas abertas CIMOB | Estación de autobuses
  • 18.00-21.00 horas. Obradoiro de ergonomía e mecánica na rúa, con Mobi-Liza | Obelisco

MARTES 19

  • 11.00-12.30 horas. Actividades na carpa da Policía Local | Obelisco
  • 17.00 horas. Xornada de portas abertas CIMOB | Estación de autobuses

MÉRCORES 20

  • 9.00 horas. Marcha ciclista do CEIP Wenceslao Fernández Flórez | Colabora Policía Local da Coruña
  • 11.30-13.00 horas. Visita ao CIMoB do CEIP Wenceslao Fernández Flórez
  • 17.00 horas. Actuación de Acorde Secreto | Obelisco
  • 17.00-20.00 horas. Mostra de Galicia Rollers | Obelisco

XOVES 21.

  • 10.30-13.00 horas. Percorrido urbano en bici do CEIP Sal Lence, con Stop Accidentes | Colabora DGT
  • 16.30 horas. Actuación de Follas Novas | Obelisco
  • 17.00-20.00 horas. Mostra de Galicia Rollers | Obelisco
  • 18.00-21.00 horas. Obradoiro de ergonomía e mecánica na rúa, con Mobi-Liza | Obelisco

VENRES 22. Día sen coche en San Andrés | 16.00 a 20.00 horas - Corte de tráfico

  • 10.00 a 13.00 horas. Actividades no CEIP Sagrada Familia, con Stop Accidentes | Detective da Mobilidade e taller de chapas
  • 11.00-12.00 horas. Actividade da asociación GRUMICO | Obelisco
  • Desde as 16.00 horas. Actividades en San Andrés
    • Actividades deportivas
    • Circuíto de habilidades DGT
    • Decathlon A Coruña
  • 17.00 horas. Taller de Chapas con Stop Accidentes | San Andrés
  • 18.30 horas. Actuación de Donaire | San Andrés
  • 21.00 horas. Actuación da Polifónica Canticorum | Praza de María Pita
  • 21.30 horas | Friday Mobility Night con Galicia Rollers | Saída de María Pita

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión