Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de marzo de 2024

Comezan as obras para o novo sanatorio de focas e a mellora da área onde se atopan no Aquarium Finisterre

Entre as actuacións en marcha para facilitar o tratamento dos animais está a creación dunha piscina de illamento

O Concello da Coruña está levando a cabo os traballos necesarios para remodelar o sanatorio de focas do Aquarium Finisterrae, unha instalación situada no sector sur da piscina exterior do acuario, e que serve para levar a cabo un seguimento veterinario dos animais do foxo, así como para a realización de exploracións dos exemplares, facilitar a súa recuperación e abordar cuestións de hixiene.

Neste sentido, os traballos céntranse na renovación das instalacións para mellorar o servizo que presta. Tamén se creará unha nova piscina médica de illamento, un recinto que verá aumentada a súa profundidade e as dimensións do sistema de desaugadoiro. A instalación contará, ademais, cun suministro continuo de auga salgada.

O obxectivo do Goberno de Inés Rey con estes traballos é conseguir que a zona de coidados sexa máis versátil e segura á hora de atender as especies. No sanatorio, por exemplo, íllanse ás focas afectadas por feridas e casos de conxuntivite. A este respecto, outra das intervencións en marcha é a de crear dous espazos diferenciados, en húmido e seco, para tratar as focas segundo as súas necesidades, pois algúns tratamentos determinan protexer da luz exterior aos exemplares en situación de atención médica.

Melloras na contorna

Ademais, instalaranse dunhas portas de corredeira para poder pechar a área técnica de manexo dos animais, coa finalidade de illar en seco as especies atendidas, e tamén se disporá unha pantalla visual, para que non estean tan expostas ao público neste contexto de revisión sanitaria.

En paralelo, o Concello está a executar diversas melloras na área de accesos e paso do persoal que traballa na piscina exterior do Aquarium Finisterrae. Estase a renovar o firme con materiais susceptibles de baldear con auga a presión e nivelarase toda a zona de illamento en seco. O investimento da intervención é de 110.000 euros e está previsto que as obras rematen en verán.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión