Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xullo de 2024

Comisión de Seguimento da emerxencia sanitaria

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu este martes unha nova comisión de seguimento para dar conta do nivel de recollida do lixo e dos últimos actos vandálicos

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas, fixo seguimento este martes do estado actual da recollida de lixo, así como das incidencias vandálicas que se están a producir.

Desde o pasado 24 de xuño, no San Xoán, produciuse a queima de 148 contedores nos diversos distritos da cidade, actos vandálicos que, ademais de implicar uns custos de case 400.000 euros para as arcas municipais, tamén están a supoñer afectacións e danos a bens patrimoniais das veciñas e veciños, como vehículos particulares e incluso un inmoble.

Evolución da recollida polo servizo de emerxencia

Na súa quinta xornada a pé de rúa, a empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade, Valoriza, recolleu un total de 42 toneladas de lixo inorgánico e tamén voluminosos, sen incidencias.

Desde a posta en marcha da recollida de emerxencia dos residuos acumulados nas rúas, os operarios de Valoriza xa recolleron un total de 280 toneladas de lixo, atendendo ao cómputo total correspondente ao xoves, venres, sábado e domingo da semana pasada.

Balance de incidencias na pasada xornada

Na pasada quenda de noite rexistrouse unha incidencia asociada á queima de contedores. Foi na rúa Mozart, pasadas as 22.00 horas da pasada noite, sen que chegasen a producirse danos de consideración na contorna.

O Concello pide contundencia á concesionaria para poñer fin aos incumprimentos

No segundo día de folga indefinida, segundo confirma a concesionaria, ningunha persoa traballadora secundou o paro, ao igual que na primeira xornada. Malia non haber ningún traballador en folga, as rúas permanecen con acumulacións de lixo sen recoller. A alcaldesa avanzou que pedirá á concesionaria que actúe con contundencia con aquelas persoas que non están a realizar o seu traballo.

Porcentaxes de recollida da empresa adxudicataria da pasada noite, por zonas

Así foi, na pasada madrugada, o balance de recollida de lixo por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Prezero.

Monte Alto: 15%

Cidade Vella: 90%

Pescaría - Centro: 75%

Os Rosales - Labañou: 10%

Estadio: 75%

Ventorrillo - Agra do Orzán: 25%

Sagrada Familia: 5%

A Sardiñeira - Elviña: 10%

Os Mallos: 80%

O Castrillón: 20%

Os Castros: 15%

Matogrande - Eirís: 0%

Mesoiro - Feáns - Valaire: 5%

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión