Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

12 de maio de 2020

Comunicado oficial sobre o funcionamento das terrazas

O Concello da Coruña, tras a situación que se observou na xornada de onte con respecto ao funcionamento dalgunhas terrazas, quere informar do seguinte:

A situación observada onte nalgunhas terrazas da cidade non responde ao espírito da instrución pública que presentou a semana pasada para garantir o distanciamento social e a saúde nestes elementos de mobiliario.

A Concellería de Urbanismo recorda que todas as medidas que se toman ao respecto realízanse en beneficio do sector hostaleiro e que son acordes ao que permite o Goberno central co fin de frear a pandemia. Neste sentido, lémbranlle á cidadanía a importancia de non relaxarse nesta fase de desescalada e de gardar a distancia social porque, de non o facer, poderiamos dar un paso en falso e volver atrás.

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, lembra que o número de mesas permitidas limítase ao 50% do número total de mesas que xa tiñan autorizadas previamente, agás nos espazos públicos que constan no Anexo, en que se autoriza incrementar a superficie destinada a terraza. Neste caso, poderase incrementar o número de mesas recollido no apartado anterior, mais deberase respectar, en todo caso, a proporción do 50% entre mesas e superficie dispoñible e levando a cabo un incremento proporcional do espazo peonil no mesmo tramo da vía pública en que se sitúe a terraza, e que, en ningún caso, pode superar o número de mesas que constan na solicitude de licenza.

As mesas ou agrupacións de mesas deberán estar, como mínimo, a dous metros unhas das outras. O Goberno autoriza as reunións nas terrazas de até un e máximo de dez persoas por mesa ou conxunto de mesas. Ademais, os locais deberán cumprir as medidas de hixiene e prevención que esixen as autoridades sanitarias.

Beirarrúas:

 1. Avenida de Linares Rivas

2. Cantón Pequeno

3. Avenida da Mariña - Obelisco

4. Avenida da Mariña- Dársena

Rúas peonís:

1. Rúa Emilia Pardo Bazán

2. Cidade Vella

3. Rúa Corcubión - Mercado das Conchiñas

4. Rúa Barcelona

5. Rúa Ángel Senra

6. Rúa da Gaiteira

7. Rúa Posse

8. Rúa Cuba

Prazas:

1. Praza de María Pita

2. Praza de España (Campo da Leña)

3. Praza de Lugo

4. Rúa Manuel Azaña

5. Rúa Corcubión - Praza das Conchiñas

6. Polígono de Vioño

7. Praza da Fábrica de Tabacos

8. Praza da Gaiteira

9. Praza Centro Comercial

10. Rúa Vicente Ferrer

11. Rúa Emilio González López

12. Praza Padre Rubinos

13. Praza de Santa María

14. Paseo Marítimo - Circunvalación

15. Praza das Atochas

16. Praza da Cormelá

17. Rúa Perillá

18. Rúa Pastoriza

19. Praza do Africano

20. Praza de Santo Andrés

21. Praza Fonte Luísa

22. Travesía do Orzán       

23. Rúa José Luis Pérez Cepeda

24. Praza da Alcaldesa Berta Tapia

25. Rúa Enrique Mariñas Romero

26. Praza do Papagaio

A Administración local velará porque se cumpran as normas establecidas no referente ás terrazas, co fin de que se poida seguir movendo a economía nos locais de hostalaría e de que a veciñanza acuda a elas con garantías de seguridade e salubridade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión