Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xullo de 2021

Concello, Deputación e UDC impulsan a Cidade das TIC coa constitución dunha sociedade de xestión e a elaboración dun plan director

“A cidade das TIC é un proxecto estratéxico para A Coruña, onde a implicación da Universidade, o Concello, a Deputación Provincial e a Xunta é fundamental para o seu impulso e consolidación” explicou o voceiro do Goberno Local da Coruña e concelleiro de Economía, José Manuel Lage O Goberno local aportará 75.600 euros, o 40% do orzamento destinado entre todas as administracións a esta planificación, que está fixada en 180.000 euros

Concello, Deputación e UDC dan un paso firme para constituír a sociedade de xestión da cidade das TIC e elaborar un plan director.  "A Cidade das TIC é un proxecto estratéxico para A Coruña, onde a implicación da Universidade, o Concello, a Deputación Provincial e a Xunta é fundamental para o seu impulso e consolidación" explicou o voceiro do Goberno Local da Coruña e concelleiro de Economía, José Manuel Lage.

Esta mesma tarde, a Deputación aprobou o devandito convenio cos votos a favor de PP, PSOE e BNG e a abstención da Marea (un convenio que o Goberno local elevará a Xunta de Goberno local) e que ten por obxecto sentar as bases da colaboración entre as partes para dinamizaren a construción e dotación da Cidade das TIC, de xeito que se poida materializar no menor espazo de tempo posible. "Tanto Inés Rey como Valentín Formoso apostaron desde o primeiro día polo proxecto que capitaneou Julio Abalde desde a Universidade. Agora estamos dando os pasos necesarios para constituír a sociedade de xestión da Cidade das TIC e coa aprobación deste convenio por parte de todas as institucións impulsaremos o plan director" sinalou José Manuel Lage. A posta en marcha da estrutura de gobernanza formalizarase a través dunha sociedade pública en que se integrarán todas as institucións públicas que poden contribuír tanto na fase dos investimentos iniciais como en fases posteriores. Ademais, as actuacións previstas realizaranse nun período de 12 meses desde a firma do convenio polas partes integrantes.

A planificación estratéxica da Cidade das TIC, que supón un investimento moi elevado, tórnase nun aspecto fundamental para asegurar unha axeitada viabilidade e sustentabilidade.

O orzamento para a execución das actuacións previstas no presente convenio é de 180.000 euros, dos que o Concello aportará case a metade cun total de 75.600 euros, o que representa o 42% do total. O IGAPE financiará a Cidade das TIC con 36.000 euros, o que supón  o 20% e idéntica cantidade será aportada pola Deputación. A UDC destinará unha aportación máxima de 30.600 euros (o 17%) e o Cluster achegará 1.800 euros (o 1%).

Co Plan Director, poderase analizar o contexto tecnolóxico, social, cultural e normativo en que se encadra a Cidade das TIC e mais avaliar a contribución desta infraestrutura particular tanto para o sector TIC como para o conxunto dos sectores produtivos que teñen nas tecnoloxías a súa principal ferramenta de innovación e competitividade. Como resultado, obterase un Plan Estratéxico que resumirá o fin e a misión da Cidade das TIC así como os seus obxectivos a curto e medio prazo, unha planificación das actuacións e investimentos a realizar na posta en marcha do complexo nos próximos anos e un plan de xestión da cidade e das súas infraestruturas, co deseño dun modelo de negocio sustentable e un plan de sustentabilidade económico-financeiro.

Por outra banda, constituirase a nova sociedade xestora da Cidade das TIC e cuantificaranse as achegas económicas por parte das administracións públicas que a integran. No marco desta actuación estudaranse as diferentes fórmulas xurídicas de interese e tramitaranse os diferentes pasos de cara a constitución da sociedade pública: elaboración do plan de actuación, estatutos, xestión da inscrición ante o rexistro e notaría.

COMISIÓN INFORMATIVA

A concelleira Mónica Martínez presidiu esta mañá xunto co reitor Julio Abalde a comisión informativa sobre a Cidade das TIC, en que abordaron os principais avances do complexo, en que destacaron que unha vez se teña o proxecto construtivo do centro de servizos avanzados, sairá inmediatamente a concurso. O reitor sinalou que este edificio servirá de plataforma para que as empresas da contorna comproben a eficacia de solucións TIC e remarcou a importancia do campus tecnolóxico, que dará cabida a catro laboratorios. Comentou que todas as empresas que necesitan ter intelixencia artificial ou que xa a teñen contarán cun espazo de traballo e con demostradores para estudaren as posibles aplicacións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión